O CONCELLO DE POIO AMPLIARÁ O HORARIO DO XIMNASIO MUNICIPAL DA SECA

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio ampliará o horario do ximnasio municipal da Seca, para que os veciños tamén poidan utilizalo en horario de mañá. Así, o edil de Deportes, Tucho Muíños explica que xa se iniciaron as xestións e os trámites necesarios para contratar un novo monitor deportivo e ampliar o horario da instalación a partir de novembro.

Ademais, tamén se tramitou unha subvención ante a Xunta de Galicia para adquirir novas máquinas para o ximnasio, entre as que se inclúen unha máquina flexión de pernas, outra de extensión, unha máquina femoral de pé e unha máquina de prensa de pernas, catro máquinas que completarían a zona de exercicios. A proposta presentada ascende a 21,931,93 euros, e no caso de ser concedida a axuda, a administración autonómica faríase cargo do 80% desta cantidade e o resto, sería con cargo a fondos propios. Muíños destaca que son dúas medidas importantes, tanto a ampliación do horario como o aumento de maquinarias que permitirán mellorar a calidade, a atención e o servizo que se ofrece no ximnasio municipal.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio