DÚAS BRIGADAS MUNICIPAIS INICIAN O OPERATIVO ESPECIAL DE LIMPEZA NAS PRAIAS DE POIO

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio inicia o operativo especial de limpeza de praias con dúas brigadas municipais. Ademais, este ano recupéranse a colocación de papeleiras de recollida de plástico e orgánico nas saídas das praias, así como as duchas e os lavapés, co obxectivo de mellorar e ampliar a calidade dos servizos que se ofrecen. Así, comeza a limpeza de praias con maquinaria específica en todos aqueles areais nos que sexa posible o acceso ou nos que o permita as mareas. Durante esta semana, os operarios ocupáronse de acondicionar e desbrozar os accesos e as escaleiras, e os socorristas xa están instalados en Siorto e Cabeceira.

Segundo explica o alcalde, Ángel Moldes, moitos concellos turísticos destinan fondos do Plan Concellos para contratar persoal que se ocupe da limpeza de praias, pero no caso de Poio nos últimos anos o Tripartito apostou por reducir a contratación de persoal de servizos e conductores e priorizou destinar os fondos provinciais a eventos, concertos ou festas.

Por iso, desde o Goberno local piden desculpas porque en dúas semanas non só tiveron que solucionar o estado de abandono no que se atopaban as praias, senón que ademais tiveron que facelo cos poucos recursos que estaban dispoñibles no concello. Isto é, con partidas económicas esgotadas e escasos recursos humanos. Con todo, Moldes confía en deixar ao longo desta semana todas as praias en total funcionamento.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio