A ESCOLA DE MÚSICA DE POIO DESENVOLVERÁ UN CAMPUS DE VERÁN DURANTE O MES DE XULLO PARA MOZOS E MOZAS DE IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 8 E OS 17 ANOS

12/01/2024

2023.

A Escola de Música de Poio (ESMU) desenvolverá un campamento de verán, dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, a longo do vindeiro mes de xullo. En concreto, a iniciativa terá lugar entre os días 3 e 31 do devandito mes. Durante esas xornadas, a mocidade que se inscriba terá a oportunidade de tomar parte non só en actividades de práctica musical, senón tamén noutras de lecer, lúdicas e deportivas.

O campamento será de luns a venres, en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas e a cota de inscrición será de 50 euros semanais. Pódese obter máis información chamando ao número de teléfono 636068829 ou ben enviando un correo electrónico á dirección secretaria@esmupoio.com. Ademais, existe a posibilidade de tramitar as inscricións de xeito telemático na páxina web da Escola de Música (www.esmupoio.com).

Como non podería ser doutro xeito, a música terá un gran protagonismo durante o desenvolvemento desta actividade. Tanto é así, que o campus pecharase o día 31 cun concerto que ofrecerá a rapazada, a partires das 21.00 horas, no que poderán asomar os coñecementos aprendidos. Pero, ademais, tamén se ofrecerán outras actividades sobre reciclaxe creativo, expresión corporal, xogos sensoriais e cooperativos, contacontos ou intelixencia emocional. No apartado lúdico non faltarán festas de disfraces, cociña creativa ou a busca do tesouro. Ademais, a organización tamén lle outorga unha grande importancia aos hábitos saudables, polo que o campamento inclúe modalidades deportivas como fútbol, baloncesto, tenis, pádel ou béisbol, sen esquecer os xogos tradicionais.

O Concello de Poio colabora coa Escola de Música, a través da Concellería de Cultura.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio