O PRAZO DE INSCRICIÓN DAS LUDOTECAS ABRIRANSE O 10 DE MAIO

12/01/2024

2023.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar esta martes as bases da convocatoria correspondente a unha nova edición das ludotecas de Campa Verán e Raxó Verán, organizadas pola Concellería de Educación. Este é un servizo que o Concello de Poio activa cada ano na temporada estival para facilitar a conciliación laboral e familiar da cidadanía, de xeito que se ofrece unha alternativa de lecer para nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2019. Tal e como consta na documentación, o período de inscrición abrirase o vindeiro 10 de maio e rematará o martes 23, ambos inclusives. As solicitudes tramitaranse preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello  ou no Rexistro Municipal.  A selección de participantes farase por rigorosa orde de inscrición ata cubrir todas as prazas ofertadas. DESCARGAR BASES

Poderán optar ás prazas aqueles nenos e nenas que estean empadroados en Poio ou ben con matrícula nun centro de ensino do concello. A prestación tamén está aberta a familias residentes fóra do municipio que acrediten, un ou os dous proxenitores, ter posto de traballo en Poio. Tanto Raxó Verán como Campa Verán comezarán o 1 de xullo e prolongaranse ata o 31 de agosto. No primeiro caso, a iniciativa desenvolverase no CEIP Espedregada, mentres que no segundo terá lugar no centro educativo Isidora Riestra, na parroquia de San Xoán. En total, ofértanse 780 prazas entre ambas ludotecas, repartidas en catro quendas por quincena (150 cada 15 días  no caso do Campa Verán e 45 no Raxó Verán), o que supón un importante incremento con respecto a edicións anteriores.

Unha vez expire o período de inscrición darase a coñecer a listaxe provisional de admitidos e admitidas o 5 de xuño. Para a enmenda de erros ou falta de documentación, así como presentación de reclamacións, abrirase un prazo de dous días (6 e 7 de xuño). A listaxe definitiva publicarase na Sede Electrónica o 12 de xuño, así como a correspondente listaxe de agarda. Será a partir de entón cando se proceda ao pagamento das matriculacións. Cómpre lembrar que a cota por quincena será de 30 euros, se ben haberá descontos en función do número de fillos e fillas que se inscriban (20 euros por segundo neno ou nena, 10 por terceiro e de balde o cuarto). As bases aprobadas na Xunta de Goberno Local poderán consultarse desde este mércores na páxina web do Concello, tal e como apunta a edil de Educación, Raquel Rodríguez.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio