MARGA CALDAS ANUNCIA NOVAS MOBILIZACIÓNS PARA ESIXIR UN SERVIZO SANITARIO DIGNO E “ACORDE ÁS NECESIDADES DA CIDADANÍA”

12/01/2024

2023.

A concelleira de Sanidade, a nacionalista Marga Caldas, anuncia novas mobilizacións de protesta en Poio para esixir a adopción de medidas por parte da Xunta de Galicia para acabar coa precariedade do sistema sanitario e garantir unha prestación en Atención Primaria de calidade, “que poida dar respostas que a cidadanía demanda”. Será o vindeiro mércores 26 de abril, ás 20.00 horas, cando se leve a cabo unha concentración ás portas do Centro de Saúde de Anafáns. Precisamente, este venres a edil estivo nestas dependencias para a colocación de pancartas informativas sobre a cita, que tamén incluirá a lectura dun manifesto en favor da Inicia Lexislativa Popular que a Plataforma SOS Sanidade impulsou para ser aprobada no Parlamento de Galicia.

Tal e como recorda Caldas Moreira, na última reunión da Mesa En Defensa dos Dereitos Sanitarios de Poio, na que figuran os grupos da Corporación e representantes do tecido social e asociativo do municipio, acordouse continuar con mobilizacións e actos reivindicativos “en contra do desmantelamento da Atención Primaria e das listas de agarda”.

Unha vez máis, a responsable de Sanidade volveu incidir na “precaria e gravísima situación” que están a padecer os centros sanitarios do municipio. “A día de hoxe segue sen cubrirse a praza deslizante de Anafáns Combarro, a maiores dunha baixa que tamén está sen cubrir”, advirte Caldas, que incide en que “o comezo da tempada estival está moi próxima, coa casuística que iso provocará en canto a días de permisos e vacacións para o persoal se refire, polo que volveremos facer fincapé nas nosas reivindicacións para que reforcen a Atención Primaria”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio