O CONCELLO DE POIO DÁ A COÑECER A ILLA DE TAMBO AO ALUMNADO DO MUNICIPIO

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio, en coordinación cos centros educativos do municipio, levará a cabo visitas didácticas á illa de Tambo durante o segundo trimestre do ano. Estas saídas, segundo explican a concelleira de Turismo e tenente de alcalde, Silvia Díaz, e o responsable de Promoción Económica, Gregorio Agís, teñen como finalidade dar a oportunidade a toda a comunidade educativa do municipio de coñecer un recurso de extraordinario interese cultural e medioambiental que grazas ao acordo acadado co Ministerio de Defensa en marzo do pasado ano foi recuperado para disfrute de toda a cidadanía.

As primeiras saídas terán lugar xa na vindeira semana. Trátase do CEIP Chancelas, que visitará Tambo nas mañás dos días 17 e 21 de abril. Saída do centro: 9:30 horas Regreso dende o peirao da Canteira: 13:30 horas.

Saída didáctica á Illa de Tambo

Este curso 22/23 o Proxecto Documental Integrado do Ceip Plurilingüe Chancelas (Combarro) trata sobre o mar. Por este motivo os días 17 e 21 de abril, parte do alumnado do centro, no marco do programa de visitas do concello de Poio, en colaboración coa Asociación Irmandade Illa de Tambo realizará unha nova modalidade de visita para a illa: será unha saída didáctica na que se levará unha búsqueda do tesouro (o seu contido do cofre do tesouro será un lote de material pedagóxico) A través dunha serie de pistas cargadas de información sobre Tambo, o alumnado irá percorrendo a illa e descubrindo o patrimonio natural, paisaxístico e cultural.

A metodoloxía do xogo é a través da modalidade de xogo cooperativo: o tesouro é para todos/as, non para quen chegue antes (de feito terán que agardarse os uns aos outros para poder ter a clave que abre o baul). Este grupo de nenos e nenas xa contan con coñecementos básicos sobre a historia, fauna, flora e elementos de interese da illa, xa que o pasado martes realizouse unha charla de presentación da actividade na que se lle ofreceu toda a información e puideron realizar as preguntas que consideraron oportunas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio