MARGA CALDAS ANUNCIA A REAPERTURA DO PAVILLÓN DA SECA LOGO DA FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DA PISTA

12/01/2024

2023.

A concelleira de Deportes, a nacionalista Marga Caldas, visitou hoxe as instalacións do pavillón polideportivo da Seca, na parroquia de San Xoán, no que veñen de finalizar os traballos de renovación e mellora da pista, ademais da realización doutras tarefas, a través dun proxecto cun orzamento superior aos 200.000 euros. A edil do Goberno local confirmou que a infraestrutura recuperará a súa actividade habitual nos vindeiros días, volvendo a acoller adestramentos e partidos de competición. Precisamente, está previsto que este sábado o pavillón xa acolla o encontro de Liga do Poio Pescamar, realizándose un pequeno acto previo de inauguración.

Tal e como explicou Caldas Moreira, as obras, que deron comezo o pasado outono, serviron para dotar ao pavillón dunha nova superficie de parqué homologada, de última xeración. Ademais, tamén se resolveron as deficiencias localizadas na pista a través dun estudo previo. A maiores, a Concellería de Deportes tamén apostou por outras melloras, como a dotación dun novo videomarcador led, no que se poderán emitir vídeos e publicidade. A actuación completouse con tarefas de pintado, limpeza e melloras na cuberta inferior. A titular deste departamento incide na importancia deste proxecto, xa que “serviu para dar resposta ás necesidades do tecido deportivo e os clubs que utilizan habitualmente estas instalacións, que agora pasan a contar cunha nova pista totalmente preparada para acoller con todas as garantías as competicións oficiais e adestramentos diarios”.

Marga Caldas tamén quixo agradecer a paciencia e comprensión dos usuarios e usuarios, xa que a realización destes traballos obrigou a pechar as instalacións durante varios meses, o que fixo que os clubs e deportistas tivesen que trasladarse temporalmente a outros pavillóns da contorna. Nese sentido, Caldas tamén lembrou que “en todo momento nos coordinamos cos clubs para que as súas necesidades estivesen cubertas”. Marga Caldas salienta a importancia desta obra, para mellorar un pavillón que “é un referente no que a instalacións deportivas se refire dentro da bisbarra”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio