ADXUDICADA A MELLORA INTEGRAL DA ACCESIBILIDADE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CAMPELO

12/01/2024

2023.

A concelleira de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez (BNG), vén de visitar, acompañada pola tamén nacionalista Marga Caldas, as dependencias da Biblioteca Municipal, en Campelo, onde o Concello acometerá unha actuación encamiñada a mellorar e garantir a accesibilidade universal. A edil do Goberno local explica que nas vindeiras semanas iniciaranse os traballos, que estarán listos ao longo deste ano. O comezo das obras farase realidade lo que de que se completase o pertinente proceso de adxudicación. A empresa Construcciones y Fachadas García será a encargada de facer realidade o proxecto. O investimento total ascende a 71.799,17 euros, IVE engadido.

Dentro das tarefas a realizar por parte da adxudicataria, inclúese a dotación dun elevador, que se emprazará na parte posterior do inmoble. Ademais, tamén se procederá a habilitar unha rampla de aceso desde a vía pública. As melloras tamén afectarán aos aseos, que pasarán a contar con todas as características necesarias para garantir o seu uso para persoas que padezan problemas de mobilidade. Raquel Rodríguez salienta a importancia desta actuación, que suporá “un pulo moi importante para unhas instalacións que son referencia para a nosa veciñanza”. E é que este inmoble de Campelo non só acolle a Biblioteca, senón que tamén, na parte baixa, é utilizado polo alumnado da Escola de Música.

A concelleira de Cultura sinala que a adxudicación da obra xa foi aprobada pola Xunta de Goberno Local, polo que “a partir de agora xa se pode poñer en marcha un proxecto que dá resposta ás demandas dos numerosos usuarios e usuarias das instalacións”. Cómpre lembrar que a Biblioteca Municipal, ademais de poñer á disposición da cidadanía un amplo catálogo de libros e de material audiovisual, tamén acolle de xeito periódico a organización de iniciativas lúdicas, culturais e educativas, pensadas para a mocidade e para crianzas de diferentes idades. O horario de apertura ao público é de 16.30 a 19.30 horas

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio