A CONCELLERÍA DE OBRAS E SERVIZOS ACOMETE A DOTACIÓN DE CUNETA TENDIDA NO NÚCLEO DE VILARIÑO

11/01/2024

2023. A Concellería de Obras e Servizos Municipais, dirixida polo socialista Julio Casás, vén de iniciar nesta semana os traballos para a dotación de cuneta tendida no núcleo de Vilariño, na parroquia de San Xoán. O concelleiro responsable do departamento supervisou as obras e explicou que se centrarán nas áreas de Folgueira, Vilariño de Abaixo, Xalouriño e Vilariño de Arriba. As tarefas avanzan a bo ritmo e quedarán rematadas nas vindeiras semanas. Casás explica a necesidade de acometer esta actuación, xa que servirá para ampliar o espazo en zonas da vía pública nas que “era preciso actuar para reforzar a seguridade viaria”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio