O CONVENIO PARA A HUMANIZACIÓN E MELLORA DA CONTORNA PORTUARIA DE RAXÓ SERÁ APROBADO NO PLENO DE XANEIRO

11/01/2024

2023. O Concello de Poio recibiu esta mesma semana, concretamente o pasado mércores 11 de xaneiro, o convenio e os informes xurídicos pertinentes que permitirán impulsar a mellora e humanización da contorna do porto de Raxó. Trátase dunha actuación a realizar por parte de Portos de Galicia e que supera os 900.000 euros, e dos cales a Administración local asumirá o 30%. Precisamente, prevese que a aprobación definitiva do convenio se someta a Pleno na sesión ordinaria deste mes de xaneiro, finalizando así a tramitación iniciada en xullo, cando o ente dependente da Xunta de Galicia e o Goberno local confirmaron o acordo.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio