A CHEGADA A POIO DOS REIS MAGOS E A FESTA NA SÚA HONRA NA CARPA DA SECA POÑEN O BROCHE DE OURO A UN NADAL CHEO DE ILUSIÓN E CULTURA

11/01/2024

2023. O programa Vive o Nadal en Poio viviu nesta máxica data do 5 de xaneiro un fin de festa inesquecible, coa agardada chegada dos Reis Magos de Oriente. As súas Maxestades chegaron á carpa da Seca, centro neurálxico da programación organizada pola Concellería de Cultura, en torno ás 17.00 horas, logo de que pola mañá percorresen e visitasen todas as parroquias do municipio, con paradas nas que non faltou a animación a cargo de diferentes colectivos musicais do concello. Melchor, Gaspar e Baltasar tamén foron quen de sacar tempo para facer un alto no Consistorio para seren recibidos polo alcalde, Luciano Sobral, e saudar desde o balcón. Pero o prato forte tivo lugar xa pola tarde, coa recepción na Seca. Logo de completar a Ruta Real pola PO-308, a comitiva real chegou á carpa en medio dunha gran expectación.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio