O Festivaliño on the road chega este domingo ao Parque Costa Xiráldez, en Lourido

14/10/2026

A iniciativa permitirá á rapazada gozar dunha experiencia cinematográfica na sala de cine máis pequena do mundo, entre as 17.00 e as 20.00 horas.

As familias teñen un plan para este domingo en Poio. O Festivaliño on the road chega ao parque Costa Xiráldez, en Lourido, cunha proposta que busca achegar a cultura audiovisual aos máis pequenos dunha maneira orixinal e divertida.


A actividade, organizada polo Concello de Poio, desenvolverase entre as 17.00 e as 20.00 horas e terá como principal atractivo a sala de cine máis pequena do mundo, instalada nunha caravana. A rapazada poderá acceder por quendas a este singular espazo para gozar dunha selección de curtametraxes nacionais e internacionais adaptadas ás diferentes idades.
As proxeccións, cunha duración de entre 2 e 20 minutos, permitirán aos nenos e nenas descubrir novas historias e achegarse ao mundo do cinema a través dunha experiencia que combina entretemento e aprendizaxe.


Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Concello de Poio desenvolve ao longo de todo o ano para ofrecer alternativas culturais e de lecer á cativada e ás familias.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio