Diego de Giráldez expón «Esencial del realismo – Realismo – NAS» no Mosteiro de Poio

17/06/2026

Ángel Moldes e a directora territorial da Consellería de Cultura, Isabel Couselo, participaron hoxe na inauguración da mostra, na que destacaron a longa vinculación do artista co municipio, onde expón de forma continuada desde hai máis de catro décadas.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, participou esta mañá na inauguración da exposición “Esencia del realismo – Realismo – NAS”, do artista Diego de Giráldez, no Mosteiro de Poio. No acto tamén estivo presente a directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Isabel Couselo, así como representantes municipais e do ámbito cultural.

A mostra reúne unha selección de pinturas e esculturas do creador natural da Cañiza, e poderá visitarse ao longo do período estival. Durante a inauguración, Moldes destacou a longa vinculación do artista co municipio, onde expón de forma continuada desde hai máis de catro décadas.

Diego de Giráldez é impulsor do movemento NAS (Naturalismo, Abstracción e Surrealismo) e conta cunha traxectoria artística con obra presente en numerosos museos internacionais. Realizou 346 exposicións e a súa obra figura en 140 museos de 16 países. O artista agradeceu a acollida do Mosteiro de Poio e do Concello, que fan posible a súa cita anual co público da comarca.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio