Continúan as actividades para fomentar hábitos de vida saudables para maiores de 55 anos

04/05/2026

En colaboración coa REGAPS, inclúen almorzos saudables, andainas pola contorna e sesións sobre a hixiene do sono por todas as parroquias.

O Concello de Poio continúa co programa de actividades, desenvolvido en colaboración coa Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS), co obxectivo de favorecer e consolidar hábitos de vida saudables entre a veciñanza maior de 55 anos.

A iniciativa, que se desenvolve ao longo de oito semanas, inclúe andainas pola contorna, os luns entre Campelo e Lourido, os xoves entre Raxó e O Covelo e os venres da Reiboa a Campelo, así como almorzos saudables e sesións sobre Hixiene do Sono en diferentes espazos municipais. Esta charla, de unha hora de duración, organizaranse este mércores, 6 de maio, no Local Municipal da Ucha (10.00 horas) e no Local Municipal da Reiboa (12.00 horas). En Vilariño será o mércores 13 de maio, ás 10.00 horas, así como no Local Municipal de Campelo (12.00 horas). Por ultimo, na Casa Rosada celebrarase o mércores 20 de maio, ás 12.00 horas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio