O programa “Bosque Atlántico” desenvolveuse nas aulas de Poio para sensibilizar sobre o principal problema ambiental das Rías Baixas.
Un ano máis, desde o Concello de Poio desenvólvese este programa nos centros educativos do concello, unha iniciativa que segundo explica a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, pretende achegar ao alumnado como era o ecosistema orixinal do territorio das Rías Baixas e sensibilizar sobre a importancia da súa recuperación poñendo especial énfasis nas 25 especies árbores autóctonas.
Nestas actividades o educador Marcos Guiadanes impartiu unha serie de charlas introdutorias e outras actividades complementarias entre o alumando de 1º da ESO do IES de Poio e de 6º de Primaria dos colexios de Viñas, Chancelas e Lourido.
Guiadanes salientou que “é fundamental recoñecer o valor do que é noso, porque só así aprenderemos a coidalo. Con estas actividades preténdese crear un efecto dominó que impulse á veciñanza a implicarse na recuperación do lendario bosque galego”.