CONTACONTOS ÉRASE UNHA VEZ… A PAZ

“Érase unha vez… a paz”: contacontos dramatizado e musicado, da man de Leucoíña Pasea, que se celebrará no local da Comunidade de Montes de San Xoán, na Seca, ás 18.00 horas e con entrada libre ata completar aforo.

 

Este contacontos mestura a narración oral e a música en directo para achegar ás familias contos e cancións que se inspiran na conmemoración do Día da Paz. Os protagonistas desta historia musicada falarán de tolerancia, solidariedade, concordia e moitos máis valores. As familias non só gozarán do espectáculo, senón que participarán de forma activa nel cantando e acompañando con instrumentos percutivos.

Contacontos: «Érase unha vez… a Paz»

Scroll al inicio