Máis de 600 persoas encheron o recinto para disfrutar desta homenaxe a dúas das grandes figuras da ópera mundial de todos os tempos.
Máis de 600 persoas encheron onte o Mosteiro de San Xoán para gozar dun espectáculo lírico único, o concerto en recordo a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti. Durante dúas horas, Montserrat Martí Caballé cantou á súa nai e Simona Todaro Pavarotti cantou ao seu tío, acompañadas polo barítono Luis Santana, a soprano lixeira Dolores Crespo Abuin e o pianista Víctor Carbajo.
Compartimos algúns momentos do marabilloso recital que tivemos a oportunidade de disfrutar onte no Mosteiro de Poio. Un espectáculo que espertou o interese de grandes e pequenos, persoas de Poio pero tamén chegadas doutros concellos da provincia para disfrutar dunha experiencia musical única, unha proposta atractiva para os sentidos e para os amantes da música, tanto pola calidade dos seus cantantes, cun repertorio moi ben seleccionado, como pola contorna excepcional na que se celebrou. O noso agradecemento á Deputación de Pontevedra e ao Mosteiro de San Xoán pola súa colaboración para seguir promovendo e organizando propostas de calidade que contribúen a facer de Poio un concello único.
Así, recordou que este tipo de iniciativas “supoñen unha oportunidade para a veciñanza de Poio, que pode gozar no noso concello de espectáculos de gran calidade sen necesidade de desprazarse ás cidades, pero tamén para atraer visitantes de toda a provincia atraídas pola grande proposta musical”.
No interior do Mosteiro de Poio soaron fragmentos de coñecidas óperas, zarzuelas e cancións interpretadas por Caballé e Pavarotti ao longo da súa ampla traxectoria musical, como por exemplo O Sole Mío, Caruso, Hijo de la Luna, Ave María, Libre e mesmo tamén interpretaron outras como Negra Sombra de Rosalía de Castro.