fbpx

¿Que é O CIMM?

O CIM é o Centro de Información á Muller, de titularidade municipal, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xenero, desenvolvendo ó mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas de violencia.

O centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha avogada, unha psicóloga e unha administrativa.

Programas Xerais

  • Información e asesoramento xurídico.

  • Atención psicolóxica.

  • Coordinación con outros servizos, para o tratamento de problemáticas asociadas: saúde, emprego, recursos sociais.

 Programas dirixidos a mulleres vítimas de violencia

  • Programa de asistencia psicolóxica especializada: Asesoramento, intervención en crise, terapia individua, terapia de parella e terapia familiar

  • Programa de asesoramento e apoio social: Procura de casa de acollida, vivenda, asesoramento en recursos e solicitude de prestacións económicas e coidado d@s fill@s, recursos e apoio social, saúde.

  • Programa de asesoramento e asistencia xurídica: Asesoramento en todo tipo de consultas penais e de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.

 ¿Cales son os principios de actuación?

  • O anonimato na identidade das usuarias.

  • O respeto á vontade das usuarias na procura das posibles solucións ás consultas plantexadas.

  • A gratuidade de tódolos servizos.

  • O respeto ó principio de confidencialidade.

Go to top