Área de rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro (ARI)

É unha Oficina de Área de Rehabilitación Integral que xestiona axudas públicas en materia de vivenda orientado á conservación, mantemento, aforro de enerxía e efciencia enerxéticas.

Que é a ARI de Combarro?

ARI é a Área de Rehabilitación Integral de Combarro tamén denominada Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) Conxunto Histórico-Artístico de Combarro, declarada o 31/12/2002, e que abrangue o conxunto histórico artístico, o entorno do Camiño Real e o comprendido na delimitación do Plan Especial de Reforma Interior previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O conxunto histórico de Combarro foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de “Conxunto Artístico Pintoresco” polo Decreto 3394 de 30/11/1972 (BOE 14/12/1972). Está incluído no Inventario de Bens de Interese Cultural de Galicia de acordo coa Lei 3/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

Índice de rúas incluídas no ARI Combarro

Rúa do Mar

Praza Peirao da Chousa

Rúa San Roque

Rúa Chousa

Praza Peirao da Rúa

Camiño Real

Rúa Costa de Arriba

Rúa Costa de Abaixo

Avenida da Costa

Rúa Tarrío

Carreiro do Campo

Carreiro As Veigas

Rúa Laxe

Carreiro da Cruz

Rúa Cega

Rúa do Padrón

Rúa da Fonte  

Praza Rualeira

Praza da Fonte

Rúa a Rúa

Camiño da Torre

Camiño do Redondo

Rúa Pedraporta

Baixada á Chousa

Avenida da Cruz

Que pode facer a ARI por min?

O obxectivo esencial e prioritario da ARI é acadar as actuacións previstas no Conxunto Histórico Artístico de Combarro e o entorno do Camiño Real e o comprendido na delimitación do Plan Especial de Reforma Interior previsto no PXOM, ofrecendo a tódolos veciños e veciñas:

1. Informar

Informar das axudas públicas do Plan de Vivenda vixente e outras de interese.

2. Rexistrar

Rexistrar na base de datos da Oficina as posibles intervencións en vivendas e edificios e crear unha listaxe de solicitantes de axudas.

3. Asesorar

Asesorar sobre as posibilidades de mellora da eficiencia enerxética e sostenibilidade das vivendas, actuacións de conservación en xeral, mellora da seguridade de uso e da accesibilidade.

4. Realizar visitas técnicas

Realizar previas necesarias para definir as actuacións subvencionables.

5. Redactar

Redactar as memorias técnicas de obra menor co obxecto de obter a licenza municipal de obras ou de comunicación previa, previo a solicitar a correspondente subvención.

6. Xestionar e tramitar

Xestionar e tramitar os expedientes e seguimento das obras.

7. Coordinar

Coordinar as actuacións cos profesionais e empresas de construción en base aos requisitos establecidos nas axudas e normativa vixente.

CONVOCATORIA ABERTA

Convocatoria pública de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas na ARI de Combarro.

21/03/2024 – 21/06/2024

Convocatoria aberta

Está aberta a 3ª convocatoria da Fase 9 na que pódese presentar solicitudes oficiais. Para máis información pode dirixirse ao teléfono 986770001 ext 1241, ó correo electrónico: ari_combarro@concellopoio.gal ou achegarse á oficina do ARI con horario de atención ó público os luns de 9:30 a 13:30 horas.

Bases

Convocatoria

O prazo de solicitudes está aberto.

21/03/2024 – 21/06/2024

Documentación

CONVOCATORIA ABERTA

Axudas de rehabilitación de mellora da eficiencia enerxética en edificios e vivendas unifamiliares

Convocatoria pechada

Entorno residencial de rehabilitación programada (ERRP COMBARRO)

As axudas son en función do aforro enerxético acadado, os ingresos familiares e a tipoloxía edificatoria.

O IVE pode ser subvencionable. Existen beneficios fiscais e bonificacións.

Poden consultar as axudas máximas previstas para o ERRP no seguinte cadro:

* O aforro no consumo enerxético mínimo é dun 30% e tamén se deberá acadar unha reducción da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de alo menos un 25%

* Os ingresos ponderanse de acordo coa composición da unidade familiar.

Convocatoria pechada

O prazo de solicitudes está pechado.

(En trámites de facer unha nova convocatoria)

Documentación

Para máis información

986770001 ext. 1241

ari_combarro@concellopoio.gal 

Oficina do ARI con horario de atención ó público os luns de 9:30 a 13:30 horas.

Empresas homologadas

O Concello de Poio ten unha lista de empresas interesadas na realización de obras de rehabilitación dentro dos programas de axudas que xestiona a oficina da ARI de Combarro. Todas as empresas que estén interesadas en formar parte desa lista poderán facer a súa solicitude presentando os seguintes documentos cubertos, na sede electrónica do Concello de Poio.

Documentación
Scroll al inicio