Xornadas Emprendemento no Camiño

Foro pioneiro sobre as oportunidades de negocio e emprego nas Variantes Xacobeas do Concello de Poio.

Dirixido principalmente a emprendedores, persoas en busca de emprego, profesionais, veciños e colectivos de Poio, aos que se lles dará información para que calquera veciña ou veciño cunha idea de negocio ao redor do camiño teña as ferramentas, a inspiración e os recursos para facela realidade.

A inscrición é completamente gratuíta ata completar o aforo. As persoas interesadas en asistir poderán anotarse no email turismo@concellopoio.org, no teléfono 986 83 32 04 ou presencialmente nas oficinas de Turismo de Poio.

Scroll al inicio