Como de todos é sabido unha das consecuencias máis demoledores de COVID-19 foi a suspensión de moitos empregos, o que obriga a todas aquelas persoas en situación de procura a redefinir a súa estratexia de procura. E para facilitar este proceso, dende esta Concellería de Promoción Económica, acordamos a elaboración desta Guía.
Lembra que, a pesar de que o Servizo de Orientación Laboral do Concello de Poio ten a atención presencial está suspendida, a túa orientadora laboral segue estando á túa disposición a través dos diferentes medios de contacto: vía teléfonica (986770001, Ext. 1502) e/ou e-mail (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).
Durante este período de alarma seguimos traballando para vós. Para calquera consulta non dubidedes en contactar connosco.
Mª Montserrat Soto Sío - Técnica en orientación laboral (SPEG)
Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio