Fronte á emerxencia sanitaria polo Covid-19, as institucións públicas de ciencia, tecnoloxía e innovación poderán establecer xornadas laborais extraordinarias. Estas horas extra compensaranse co complemento de produtividade ou mediante gratificaciones. O Ministerio de Ciencia dará créditos extraordinarios ao Instituto de Saúde Carlos III (máis de 25 millóns de euros) e ao CSIC (4,4 millóns).
Os parques científicos e tecnólogicos terán un alivio financeiro, poderán aprazar ou fraccionar cotas de préstamo para evitar a súa paralización. O Consorcio Barcelona Supercomputing Center poderá endebedarse para cumprir os seus compromisos internacionais (proxecto EuroHPC).
Os parados, traballadores con subsidio agrario, renda agraria ou con prestación por desemprego poderán traballar no campo sen perder o paro, segundo un real decreto do Goberno. Tamén os estranxeiros aos que se lles renovará o permiso de traballo se finalizan antes do 30 de xuño, e aos mozos estranxeiros de entre 18 e 21 anos aos que se lles expedirá o permiso de traballo. Redúcese a cotización para traballadores agrarios durante períodos de inactividade en 2020.
Os agricultores que pediron préstamos para afrontar a seca de 2017 poderán pactar cos bancos un ano de carencia e prolongar o período de amortización. O Ministerio asumirá o custo dos avais. As solicitudes pódense presentar no próximos catro meses.
MÁIS INFO
Resume liña de axudas publicada por Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA)
Os autónomos que cesasen a súa actividade polo coronavirus e as persoas afectadas por un ERTE poderán rescatar as achegas realizadas aos plans de pensións para aliviar as súas necesidades de liquidez. Facilítase o rescate dos fondos de pensións, defínense as circunstancias, o prazo e o importe máximo do que se pode dispor.
A Seguridade Social compensará o pago dos salarios aos traballadores que teñan que quedar en casa ou reducir a súa xornada para coidar familiares. Unha das primeiras medidas que perdeu forza tras a avalancha de ERTEs en todo tipo de empresas.
MÁIS INFO
Reducción de xornada por coidado de menores e/ou dependentes
Os prazos para devolver compras interrómpense mentres dure o estado de alarma tanto para adquisicións presenciais como por internet. Habitualmente os produtos pódense devolver nun mes. O prazo volverá contar cando termine o estado de alarma.
Protéxese ao consumidor nos contratos de compravenda de bens e de prestación de servizos cuxa execución sexa imposible pola pandemia.
Praza do Mosteiro nº1
Convento San Xoan
36995 – POIO
Tel. 986 770 001
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.