A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleir@ en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.
¿Qué documentos hai que achegar ?
Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Poio non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:
- PRIMEIRO - Tramitar a solicitude no Rexistro Civil de Poio, encargado de autorizar ao noso Concello para a celebración da voda.
- Enderezo do Rexistro Civil: Rúa Castelao nº 5, BX-3 36995 SAN XOAN DE POIO
- Teléfono do Rexistro Civil : 986 771 050
- SEGUNDO - Presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:
- Solicitude de casamento.
- Documento acreditativo do pago da taxa correspondente que é de 70 €.
- Fotocopia do DNI dos contraentes.
- Fotocopia do DNI dos testigos que asistiran a cerimonia.
Data
Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 770 001. A data reservarase tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude, a reserva quedará sen efecto.
A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 15 días antes da voda.
Horario
As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Poio teñen unha duración aproximada de 15 a 30 minutos e realizaranse no salón de Plenos do Concello.
- Calquera día laborábel de 8.00 a 13.30 horas.
- Os Venres, pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.
- Os Sábados: pola mañá de 11.30 a 13.00 horas, e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.
- Non se celebrarán vodas nin os Domingos nin os festivos.
Organización
Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 770 001 para indicar :
- Número aproximado de asistentes á cerimonia.
- Música: poderán contratar pola súa conta música en directo ou traer un equipo de música.
- Adornos florais : poderán adornar persoalmente ou a través dunha floraría.
- Horarios para adornos : colocaranse 30 minutos antes do comezo da cerimonia e retiraranse ao finalizar a cerimonia civil. De haber outra voda antes o tempo para adornar reducirase a 15 minutos. - Aneis (non son obrigatorios) : antes da cerimonia indicarán a persoa que os leva.