¿Queres darte de alta no Padrón Municipal do Concello de Poio? No enlace superior atoparás a información e descargarás a solicitude, que podes entregar no rexistro do Concello.
Para máis información padron@concellopoio.gal ou chamar ó tel. 986770001 ext. 1211
A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleir@ en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.
¿Qué documentos hai que achegar ?
Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Poio non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:
Data
Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 770 001. A data reservarase tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude, a reserva quedará sen efecto.
A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 15 días antes da voda.
Horario
As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Poio teñen unha duración aproximada de 15 a 30 minutos e realizaranse no salón de Plenos do Concello.
Organización
Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 770 001 para indicar :