fbpx

Programa Semana Cultural e Festiva San Roque 2019 - Combarro

Dende o Domingo 28 de Xullo e ata o Domingo 4 de Agosto imos desfrutar da festa do deporte en Poio. Volven un ano máis os Xogos de Verán, e este ano imos celebrar o XXV Aniversario cunha festa de inauguración na que contaremos ca actuación de DJ Javier Solla. PArticipa ca túa equipa nas modalidades de fútbol ou volei-praia enviando un whatsapp ó 619 22 89 85, ou a partires do luns inscribíndote en persona na carpa da organización.

DESCARGAR PROGRAMA [PDF]

 

Que é un PMUS?

Os hábitos actuais de mobilidade da poboación son o resultado dunha expansión continua, non sempre acertada, baseada nun modelo de crecemento disperso e afastado dos centros urbanos, que se caracteriza por unha dependencia crecente dos medios de transporte motorizados e, en especial, do vehículo privado.

Dende o 1 de xullo está aberto o prazo para a presentación de fotografías para o III Concurso de Fotografía Festa da Ameixa 2019 que este ano introduce a sostenibilidade como tema.

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller convoca o “Espazo Concilia”; un espazo socioeducativo de lecer e de apoio á infancia para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a corresponsabilidade. Ao longo do verán traballarase cos cativos e cativas arredor da igualdade, a corresponsabilidade e a prevención da violencia a través de diversos talleres.

Este San Xoán 2019 imos desfrutar na nosa vila dunha das nosas tradicións con máis arraigo. E para que non haxa sobresaltos, imos ter en conta algunhas recomendacións para a tranquilidade de todas e todos cunhas recomendacións explícitas para realizar as FOGUEIRAS DE SAN XOÁN no noso municipio ás 00:00 h da noite do 23 ao 24 de xuño por tratarse dunha festa local de arraigada tradición cultural:

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Raxó Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do Centro Cultural Xaime Illa. PRAZAS LIMITADAS: 30 PLAZAS

San Xoán xa está aquí, a piques de chegar... e tiñabamos gañas, porque é unha das nosas festas máis tradicionais e queridas. Consulta o programa, porque este ano ben cheo de actividades, verbenas ... e claro... SARDIÑAS E LUME!

Nesta época do ano é un momento único xa que temos a vexetación en todo o seu esplendor e aquelas persoas que queiran aproveitar de facer traballos coas flores e verdes do seu xardín van poder facelo. Seguimos a contar coa profesionalidade da monitora Carmen Castro Balboa que xa ten dirixido infinidade de cursos no centro social de Poio e que sempre aposta por materiales e ideas novas para que o alumnado esperte a súa creatividade.

Esta actividade vaise celebrar os xoves pola tarde cunha duración de seis xornadas. En canto teñamos un grupo interesado !!! comezamos!!!!

Vindeiros Eventos

Sen eventos