fbpx

A Comisión de Seguimento do Covid-19 acordou na sesión celebrada o pasado luns enviar unha instancia á Xunta de Galicia para que se implique na dotación a tecido educativo do material que a comunidade escolar precise, así como ao establecemento de “directrices claras” para garantir que todo o alumnado está en condicións de realizar as súas tarefas mentres se manteña o confinamento actual e o estado de alarma.