O concello de Poio promove a campaña conxunta de sensibilización no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa denominación En Negro Contra as Violencias.

O presente concurso de microrrelatos "OS MISTERIOS DE KAM" ten como obxecto a difusión cultural, relance e promoción da Festa do Samaí e está dirixido ó público xuvenil con idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos.
Para participar, se terá que presentar un relato, en lingua galega, con unha extensión de dous folios din-A4, con interlineado de 1,5 en letra times new roman de 12 puntos e impreso por unha soa cara.

E co outono chega o Magosto, onde o arrecendo a lume e castañas asadas nos lembra que é tempo xa da colleita. Porque temos un programa de Magosto 2019 ben cheo de oportunidades de aquecer o corpo neste outono con este produto tan noso. Achégate a degustar este produto tan noso na compaña de toda a veciñanza, e vinde con familia e amigos. Non podes? Acouga!

A ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e mais o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o Concello de Poio forma parte, facilitáronlles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. O proxecto incorporaba un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas cuxo resultado pode verse na exposición ‘Mindjer di Guiné’, que entre o 11 e o 31 de outubro se amosará no Centro Sociocultural Xaime Illa de Raxó, de 17 a 22 horas. A inauguración terá lugar o venres ás 10 da mañá, coa participación de alumnado de 2º da ESO do IES de Poio, que recibirá as explicacións pertinentes por parte de persoal de ACPP.

Vindeiros Eventos

Sen eventos