fbpx

Con motivo da elaboración dunha Estratexia de Desenvolvemento Sustentable do Municipio de Poio, ponse a disposición dos cidadáns unha enquisa de participación pública que poderán cumplimentar para ter en conta na redacción da dita estratéxia.

+ INFO:

Concellería de Promoción Económica Tel. 986 770 001, ext. 1260 (08:00 a 15:00)

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Relación de premiados no Concurso de Carteis de San Xoán´17

 

  • Categoría A: de 5 a 8 anos.- Mencía Garrido Naveira [CARTEL PDF]
  • Categoría B: de 9 a 11 anos.- Saúl Burgos Almeida [CARTEL PDF]
  • Categoría C: de 12 a 13 anos.- Bento Xil Martínez [CARTEL PDF]
  • Categoría D: de 14 a 16 anos - Deserto.

 

 

A entrega de premios terá lugar o día 22 de xuño de 2017 no Concello de Poio, no transcurso do acto do Pregón, na Praza do Mosteiro, 1 , San Xoán de Poio.

 

O traballo gañador da categoría B, do autor Saúl Burgos Almeida será editado como cartel anunciador das Festas Patronais de San Xoán 2017.

BASES CONCURSO [PDF]

 

Noemi Sartal Loira, veciña de Poio alzouse co primeiro posto na Gala Nacional do certame Showstars Spain 2017 que tivo lugar o 30 de Abril de 2017 en Madrid. Deste xeito o Sr. Alcalde, Luciano Sobral Fernández fará unha Recepción Institucional como recoñecemento a Noemí Sartal Loira este xoves 4 de maio na Casa do Concello, ás 20:30 horas.

 

 

No marco do programa de Educación Viaria do Concello de Poio, a Policía Local coordina de forma conxunta coa Agrupación de Tráfico de Pontevedra e a Dirección Xeral de Tráfico de Pontevedra unhas xornadas de Educación Viaria dirixida a un alumnado de 150 xoves pertencentes os dous institutos do Concello de Poio, o IES Fontenla de Poio e o Colexio SEK-Atlántico. Nesta proposta levarase a cabo unha primeira sesión práctica, na explanada da Seca, que consistirá na explicación do funcionamento dos diferentes equipos de prevención e de vixilancia e control do tráfico. De seguido haberá unha segunda sesión teórica nas aulas dos dous centros, que serán impartidas pola Policía Local de Poio e a Dirección Xeral de Tráfico de Pontevedra.

1.- PROGRAMACIÓN

a) Sesión práctica na explanada da Seca, os axentes da Policía Local de Poio, axentes da Agrupación de Tráfico de Pontevedra e persoal da DXT, explicaranlle aos xoves o funcionamento dos diferentes equipos de control e vixilancia do tráfico, como son: drogotest , etilómetros evidenciais , radares móbiles e o helicóptero Pegasus que fará un aterraxe na zona. Os alumnos organizados por grupos e de forma rotativa comprobaran o funcionamento dos equipos.

b) Sesión teóricas nas aulas, os axentes de Policía Local de Poio, e a Coordinadora de Educación Viaria da DXT, levarán a cabo as charlas nos dous centros de ensino, co fin de concienciar e sensibilizar aos xoves e reducir o número de sinistros viarios.

A campaña comeza o vindeiro día 8 de Maio de 11.30 ata as 13:30 horas coa práctica na explanada da Seca e continuará coas clases teóricas nas aulas ( IES de Poio) e (Colexio SEK Atlántico). PENDENTE DE CONFIRMAR

2.-OBXECTIVOS:

2.1 - OBXECTIVOS XERAIS:

  • Coñecer as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo das distintas drogas, do alcol e da velocidade.

  • Desenrolar capacidades e habilidades que os posibilite tomar decisións responsables e coherentes co valor da saúde.

  • Adquirir coñecementos e habilidades dirixidas a minimizar os riscos asociados ao consumo de drogas, alcol e velocidades.

  • Desenrolar unha actitude positiva e de respecto cara os que non realizan actividades de risco.

  • Corrixir ideas e crenzas erróneas respecto ao consumo de drogas, alcol e radares.

2.2 - OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Identificar os riscos físicos e psíquicos derivados do consumo das drogas de sínteses e alcol.

  • Identificar os riscos, para a saúde, derivados do consumo da cocaína: físicos e psíquicos.

  • Tomar conciencia/ reflexionar sobre a vulnerabilidade persoal: personalizar o risco. Drogas, alcol e velocidade.

  • Identificar e analizar as variables que inflúen na toma de decisións, valorando as consecuencias que se deriva de cada opción.

  • Analizar a presión de grupo como factor favorecedor do inicio no consumo de drogas e alcol, promovendo unha actitude crítica respecto a mesma.

  • Analizar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo das drogas, alcol e velocidade.

  • Valorar positivamente as persoas non consumidoras.

  • Adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos.

 

 

 

Trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (punto quilométrico 8+190 a 11+890), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave PO/16/102.06)

Anuncio Información Pública e Anexos

Anuncio DOG - Nº 77 Venres, 21 de Abril de 2017

Documentación completa

Máis Información

A Corporación de Poio manifesta a súa tristura e pesar polo naufraxio da embarcación Nuevo Marcos acontecida na madrugada deste 26 de abril de 2017 cando faenaban enfronte da costa de Combarro, accidente no que falereron tres dos seus tripulantes.

Trasladamos así o noso fondo e máis sentido pésame, en nome de todo o Concello, en primeiro lugar, ás familias Ligero Abilleira, Carballa Viñas e Castiñeira Sabarís, aos seus compañeiros e en xeral a todo o colectivo do mar. Asimesmo mostramos o noso apoio aos dous superviventes desta lamentable traxedia Adrian e Carlos, aos que lle trasladamos todo o noso agarimo. Queremos mostrar o noso agradecemento aos efectivos e particulares que participan no operativo de rescate das vítimas e dos falecidos.

De forma unánime por todos/as concelleiros/as presentes, o Pleno desta Corporación, como testemuña da dor que provoca a toda a veciñanza este dresgraciado suceso, acorda declarar tres días de loito oficial nos que se suspenden todos aquéles actos instituicionais non ligados ao funcionamento mínimo imprescindible das actividades desta entidade local. Asemade, está habilitouse na web do Concello de Poio un Buzón de Condolencias que se lle farán chegar ás familias das víctimas.

 

 

 

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais que celebra a chegada da primavera e adóitase celebrar o 1 de maio. A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

O próximo domingo 7 de maio o Concellería de Cultura do Concello de Poio celebra esta festividade con dous eventos, o primeiro na explanada da A Seca ás 11:00 horas celebrarase o Concurso de Maios onde se poderá admirar as obras de tódolos participantes, tras as actuacións dos maios,  haberá actuacións musicais durante a deliberación do xurado, y posteriormente procederase á entrega de premios conforme ás Bases do Concurso.

Posteriormente ás 17:30 horas, na Praza da Chousa haberá un certame de maios ( non concurso) onde se obsequiará a tódolos participantes, 200 euros de premio e unha rosca.

Convidamos a participar desta ancestral tradición a toda a veciñanza.

BASES DO CONCURSO [PDF]

 

A Policía Local de Poio “blindará” a seguridade viaria nos accesos aos centros de ensino, para este obxectivo ponse en marcha unha campaña para mellorar a seguridade viaria nos centros de ensino do Concello, especialmente na entrada e saída dos alumnos. A primeira das medidas tomadas vai dirixida a mellora nas inmediacións do Colexio SEK- Atlántico e o CEIP Lourido, no tocante a saída de autobuses e pintado de marcas viarias para mellorar a seguridade nas zonas.

A campaña ponse en marcha tras detectar comportamentos que hai que corrixir, como poden ser aparcamentos masivos e perigosos , por parte dos pais que van a levar ou recoller os seus fillos, en moitos casos invadindo as zonas peonís e os accesos aos centros escolares. Detéctase este estacionamento abusivo nas zonas peonís e accesos aos colexios que en moitas ocasións xeran problemas de seguridade viaria, para os pequenos como pouca visibilidade ou manobras perigosas nas beirarrúas que transitan os escolares. O perigo acentúase tendo en conta a idade dos nenos, a súa estatura e o comportamento moitas veces imprevisible.

Por este motivo, contactouse cos directores dos centros de ensino e tamén coa ANPA aos que se lles informou que os axentes van poñer a partir de agora especial interese en evitar este tipo de aparcamentos perigosos. A comunidade escolar recibiu esta información a través de distintos canais e esperamos un comportamento exemplar por parte dos pais, porque esta medida se toma para garantir a seguridade dos seus fillos. Esperamos que sexan o mellor exemplo na educación viaria dos nenos.

Tradicionalmente a sociedade ven aceptando este tipo de estacionamentos ante os colexios xa que se trata de pais que van a recoller aos seus fillos ao centro de ensino, no en tanto, a policía local está obrigada a evitar que continúe, polo perigo que supón para os rapaces e o alto risco de atropelo. Co obxectivo de mellorar a seguridade na contorna dos colexios. Dende o vindeiro día 18 de Abril, a Policía Local de Poio verificará que os condutores cumpren as devanditas normas e – na contra-  sancionará oportunamente as infraccións, con arranxo co Regulamento Xeral de Circulación.