fbpx

 

Que é un PMUS?

Os hábitos actuais de mobilidade da poboación son o resultado dunha expansión continua, non sempre acertada, baseada nun modelo de crecemento disperso e afastado dos centros urbanos, que se caracteriza por unha dependencia crecente dos medios de transporte motorizados e, en especial, do vehículo privado.

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller convoca o “Espazo Concilia”; un espazo socioeducativo de lecer e de apoio á infancia para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a corresponsabilidade. Ao longo do verán traballarase cos cativos e cativas arredor da igualdade, a corresponsabilidade e a prevención da violencia a través de diversos talleres.

A OMIX informa de que xa está aberto o prazo para solicitar os campamentos de verán da Xunta. Esta campaña vai dirixida a mozos/as de entre 9 e 17 anos e o que se pretende é que ocupen parte das súas vacacións estivais en accións “formativas” nas que se fomentan as relacións interpersonais, poñendo o foco de atención en valores como a solidariedade e o compañeirismo, ademáis de mellorar a conciliación da vida laboral e familiar das familias galegas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Raxó Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do Centro Cultural Xaime Illa. PRAZAS LIMITADAS: 30 PLAZAS

Poderán participar todos os grupos, asociacións, colectivos, centros escolares etc. que formalicen a súa inscrición nas oficinas municipais desde o LUNS 22 de abril ao VENRES 26 de abril antes das 14:00 horas.

Nesta época do ano é un momento único xa que temos a vexetación en todo o seu esplendor e aquelas persoas que queiran aproveitar de facer traballos coas flores e verdes do seu xardín van poder facelo. Seguimos a contar coa profesionalidade da monitora Carmen Castro Balboa que xa ten dirixido infinidade de cursos no centro social de Poio e que sempre aposta por materiales e ideas novas para que o alumnado esperte a súa creatividade.

Esta actividade vaise celebrar os xoves pola tarde cunha duración de seis xornadas. En canto teñamos un grupo interesado !!! comezamos!!!!

Os membros do Consello Municipal de Cultura que valoraron a totalidade de traballos presentados,  e a súa Presidenta, a Concelleira de Cultura, Lidia Salgueiro Piñeiro, trasladan os seus parabéns a cada un dos gañadores/as, e o agradecemento a todos os/as participantes que se presentaron ao concurso, así como a imprescindible colaboración do profesorado dos centros e colectivos participantes nesta iniciativa.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Campa Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, na que ofrecemos unha alternativa de ocio aos/ás máis cativos/as durante as vacacións estivais, ademais de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. O horario amplíase respecto ao ano anterior, pasando a ser de 7:30 a 15:00 horas.

Quedaron aprobadas as bases que rexen o Concurso de Carteis de San Xoán 2019 e que son as seguintes: