O alcalde de Poio, Luciano Sobral, fixo entrega este martes do título que acredita a Magín Froiz como Fillo Adoptivo, facendo así realidade o acordo plenario acadado a finais do ano pasado coa unanimidade de toda a Corporación municipal. Foi nun acto íntimo de recoñecemento que se celebrou no Casal de Ferreirós, e que contou coa presenza dos membros do Goberno local e da oposición. O diploma acreditativo foi recollido por Pepa, a muller do histórico empresario, falecido en marzo de 2022, e que estivo acompañada de varios familiares, así como polo responsable do GD Supermercados Froiz, Evaristo Portela.
Os concelleiros responsables de Urbanismo e de Obras, os socialistas Gregorio Agís e Julio Casás, supervisaron este martes os traballos que xa se están a acometer na parroquia de Samieira para dotar á ruta dos muíños dunha nova senda peonil, que servirá para enlazar este emprazamento de referencia co lugar do Laño, nas proximidades da PO-308. Os edís do Goberno municipal lembran que a actuación foi adxudicada á empresa Servicios Medioambientales del Miño Sociedad Limitada e contan cun prazo de execución de tres meses, polo que, se non se producen imprevistos, este novo espazo estará operativo antes do verán.
Un ano máis, a Concellería de Cultura, a Sociedade Cultural e Deportiva (SCD) Raxó e o resto de colectivos que forman parte do Consello Municipal de Cultura poñen en marcha o Concurso Literario Xaime Illa. Un certame que xa supera os 30 anos de existencia e que está plenamente consolidado como un gran referente no eido da literatura, a poesía e o relato curto na provincia de Pontevedra. Así o demostra o elevado grao de participación rexistrado na edición de 2022, cando se presentaron máis de 170 obras, algunhas das cales enviadas desde diferentes países de Europa.
A Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo nacionalista Xosé Luís Martínez, vén de culminar os traballos de posta a punto da nova horta urbana situada no lugar da Caeira, na parroquia de San Salvador. O edil do Goberno municipal supervisou a zona nestes días, unha vez levado a cabo o seu acondicionamento, que supón “dar resposta a unha demanda que nos tiñan trasladada a veciñanza da contorna para contar cun espazo destas características”. Martínez Blanco, que estivo acompañado polas concelleiras nacionalistas Marga Caldas e Raquel Rodríguez, lembra que a creación deste tipo de zonas é un dos piares da filosofía impulsada neste mandato a través da campaña Poio en Verde, que avoga pola creación de áreas de esparcemento e de lecer e o fomento do respecto e coidado pola contorna.
O Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura, convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto.O concurso rexerase polas seguintes bases:
1) Ámbito xeográfico:
• Ata 17 anos: será requisito ter empadroamento no concello de Poio ou matrícula nun centro educativo deste concello.
• De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica, sempre que se cumpran as demais normas do concurso.
2) As modalidades do concurso serán dúas: