fbpx

Xa chega o Nadal, as luces, as árbores e toda a ilusión das nosas crianzas.  Porque hai moito que facer este Nadal no tempo de lecer. Consulta o programa!

[DESCARGAR PROGRAMA PDF]

O concello de Poio promove a campaña conxunta de sensibilización no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa denominación En Negro Contra as Violencias.

A ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e mais o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o Concello de Poio forma parte, facilitáronlles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. O proxecto incorporaba un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas cuxo resultado pode verse na exposición ‘Mindjer di Guiné’, que entre o 11 e o 31 de outubro se amosará no Centro Sociocultural Xaime Illa de Raxó, de 17 a 22 horas. A inauguración terá lugar o venres ás 10 da mañá, coa participación de alumnado de 2º da ESO do IES de Poio, que recibirá as explicacións pertinentes por parte de persoal de ACPP.

 

O concello de Poio promove a campaña conxunta de sensibilización no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa denominación En Negro Contra as Violencias.

Xa está aberta a inscripción nas escolas deportivas de deporte base, así como nos grupos de deporte escolar dos diferentes centros educativos do municipio. Para facer a inscripción é preciso cumprimentar a ficha de inscrición (cada disciplina ten a súa) e adxuntando a documentación requerida, e presentala de martes a venres no Concello, en horario de 9:00 a 13:00 horas e nas oficinas da Conc. de Deportes sitas na Escola Obradoiro da Reiboa, en horario de 16:30 a 20:00.

E co outono chega o Magosto, onde o arrecendo a lume e castañas asadas nos lembra que é tempo xa da colleita. Porque temos un programa de Magosto 2019 ben cheo de oportunidades de aquecer o corpo neste outono con este produto tan noso. Achégate a degustar este produto tan noso na compaña de toda a veciñanza, e vinde con familia e amigos. Non podes? Acouga!

Os grupos municipais do concello de Poio acordaron por unanimidade adherirse á convocatoria de #EmerxenciaFeminista, promovida por numerosas organizacións de mulleres de Galicia, en repulsa contra os asasinatos de mulleres e a violencia machista, e convoca para o venres 20 de setembro ás 21:00 horas fronte o Casal de Ferreirós unha concentración de repulsa, e convida ás persoas asistentes a acudir con pano ou cinta violeta, roupa negra ou violeta, lanternas, ou celofán violeta no flash do móbil.

O presente concurso de microrrelatos "OS MISTERIOS DE KAM" ten como obxecto a difusión cultural, relance e promoción da Festa do Samaí e está dirixido ó público xuvenil con idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos.
Para participar, se terá que presentar un relato, en lingua galega, con unha extensión de dous folios din-A4, con interlineado de 1,5 en letra times new roman de 12 puntos e impreso por unha soa cara.

O Concello de Poio, xunto coa Policía Local e a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, súmanse á celebración da Semana Europea da Mobilidade 2019, promovendo en colaboración con Poio Bike, Club Ciclista Triatlón Poio, CEIPS,  IES de Poio e a Federación Galega de Ciclismo o programa E ti, como te moves?  PROGRAMA PDF