fbpx

O servizo permanecerá operativo desde mediados do mes de xuño ata o 15 de setembro.A Xunta de Goberno Local investirá máis de 38.000 euros nestas contratacións, ao abeiro dunha liña de axudas da Consellería de Economía e Industria

 

O alcalde de Poio, Luciano Sobral; a concelleira de Educación, Raquel Rodríguez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, pasaron revista na mañá deste venres ás obras de mellora acometidas na escola infantil A Galiña Azul, situada na rúa Oliveira, na parroquia de San Salvador.

Ademais de negociar a cesión de parcelas privadas tamén se aposta pola reordenación de espazos na vía pública. O Concello lembra que as obras na PO-308 executadas pola Xunta de Galicia supuxeron a supresión de prazas, a pesar de que nas alegacións presentadas pola Administración local se solicitaba que se destinasen espazos para o estacionamento de vehículos.

 

Xa está aberto o prazo para a presentación de traballos no XXVIII Concurso "Literario Xaime Illa Couto".

O concurso literario premiará traballos literarios en galego inéditos, de temática libre e nas modalidades de relato curto ou conto e poesía.

 

Poio, 25 de febreiro de 2020.- Os catro grupos da Corporación municipal aprobaron, de xeito unánime, unha moción para instar ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a que acometan unha serie de medidas e actuacións en favor da igualdade e da supresión daquelas discriminacións “que impiden ás mulleres participar en igualdade de condicións en todos os ámbitos da sociedade”. Trátase dun documento impulsado con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, e consensuado previamente.

Os tres grupos do Goberno municipal (BNG, PSOE e Avante) sacan adiante unha enmenda a unha moción presentada pola oposición para reclamar ao Goberno central o pago do IVE de decembro de 2017.

O tripartito lembra que foi unha medida adoptada polo exministro Montoro a que motivou esta débeda.

Case a metade desta contía (concretamente, 1.094.000 euros) irán destinados a diferentes investimentos.

O informe de Intervención certifica a tendencia dos últimos anos e constata un nivel de execución da partida do exercicio pasado nun 97,4% no apartado de ingresos e un 96,8% no de gastos.

Poio, 26 de febreiro de 2020.- O artista poiense Miguel Martínez continúa colleitando éxitos internacionais. O cantante de Combarro revalidou recentemente o sei triunfo no Trofeo Vídeo de Cristal – Premio Platino, a distinción máis alta do Festival del Vídeo Hispano 2020 ‘Extra’, que se desenvolveu nos Estados Unidos. Martínez participou co videoclip ‘No me vuelvo a enamorar’, que xa antes de chegar á fase final era unha das pezas máis destacadas na páxina web deste evento.

O Goberno local quere impulsar esta actuación, que forma parte do pacto asinado por BNG, PSOE e Avante Poio, en dous zonas ideais polo seu emprazamento e por contar con diferentes servizos próximos

Na actualidade Poio conta con 43 zonas verdes, 23 das cales son áreas de xogos para os cativos, repartidas nunha extensión que supera os 90.000 metros cadrados (5,3 por habitante).