fbpx

  • O Concello poiense é o único da provincia de Pontevedra e dos poucos de menos de 20.000 habitantes de España en dispoñer desta ferramenta, dirixida pola Policía Local e na que participan as áreas de Seguridade Cidadá, Educación e Servizos Sociais

  • Desde a súa posta en marcha en 2017 realizáronse máis de 60 intervencións, ademais de impulsar charlas, obradoiros e diferentes iniciativas. Agora, estase a traballar no desenvolvemento dunha mesa de seguemento.

  • Grazas á colaboración da Biblioteca Municipal, os participantes poderán escoller entre publicacións de diferentes tipos e gozar deles durante dúas semanas.

  • O caldeiro de zinc no que se depositarán os libros irase trasladando a todos os lugares da vila no que se desenvolven habitualmente as sesións e actividades de Saudemente.

Os vindeiros luns 9 e martes 10 de decembro, entre as 10:00 e as 12:00 no Centro Cultural Xaime Illa estárá aberto o PROCESO DE SELECCIÓN DE CANDIDATXS para o PROGRAMA INTEGRAL DE EMPREGO do Concello de Poio 2019-2020.

Volve a troula e xa arrecende a Entroido en Poio. Choqueiros! Òs faiados! Bulide a buscar toda a roupa vella que poidades, porque moitas actividades están a agardar por vós, e non hai Entroido sen choqueirada en Poio.

DESCARGAR PROGRAMA

 

Como xa é tradicion en Nadal en Poio, xa esta aberto o prazo de presentación das tarxetas de nadal, e como todos os anos agardamos unha alta partipación, porque a tarxeta vai ser a Oficial do Concello de Poio. Botádelle unha ollada ás bases, e sacade o voso lado máis artístico.

O Concello de Poio promove, a través do programa “O meu Xacobeo: 8 Fitos do camiño de Santiago”, unha serie de andainas dentro do Camiño de Santiago, que ten como finalidade a combinación de actividades de deporte, ocio e tempo libre e fomento da cultura, xunto coa posta en valor do patrimonio cultural de Galicia.

A actividade terá carácter gratuíto.

Xa chega o Nadal, as luces, as árbores e toda a ilusión das nosas crianzas.  Porque hai moito que facer este Nadal no tempo de lecer. Consulta o programa!

[DESCARGAR PROGRAMA PDF]

O Concello de Poio estreará esta vindeira semana un novo servicio de Punto Limpo encamiñado a que toda a veciñanza teña a posibilidade de desfacerse, respectando o medio ambiente, daqueles residuos que requiran dun tratamento diferenciado.

O concello de Poio promove a campaña conxunta de sensibilización no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa denominación En Negro Contra as Violencias.