fbpx

Un total de 30 persoas toman parte nun obradoiro de formación de operario de carretilla elevadora, entre os que se atopan dez traballadores municipais.

O servizo permanecerá operativo desde mediados do mes de xuño ata o 15 de setembro.A Xunta de Goberno Local investirá máis de 38.000 euros nestas contratacións, ao abeiro dunha liña de axudas da Consellería de Economía e Industria

 

Xa está aberto o prazo para a presentación de traballos no XXVIII Concurso "Literario Xaime Illa Couto".

O concurso literario premiará traballos literarios en galego inéditos, de temática libre e nas modalidades de relato curto ou conto e poesía.

 

O alcalde de Poio, Luciano Sobral; a concelleira de Educación, Raquel Rodríguez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, pasaron revista na mañá deste venres ás obras de mellora acometidas na escola infantil A Galiña Azul, situada na rúa Oliveira, na parroquia de San Salvador.

Os tres grupos do Goberno municipal (BNG, PSOE e Avante) sacan adiante unha enmenda a unha moción presentada pola oposición para reclamar ao Goberno central o pago do IVE de decembro de 2017.

O tripartito lembra que foi unha medida adoptada polo exministro Montoro a que motivou esta débeda.