fbpx

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Deportes, Marga Caldas, fixeron esta mañá entrega duns obsequios ao Poio Pescamar Fútbol Sala, como recoñecemento ao seu brillante papel na Copa da Raíña, na que acadaron un histórico subcampionato. O adestrados do equipo poiense, Manu Cossío, e as xogadoras Silvia Aguete e Carolina Agulla recibiron unha placa conmemorativa, ademais dunha recreación dun hórreo, no que é un guino cara as orixes do club, cuxa fundación foi na parroquia de Combarro.