fbpx

Trátase de tres veciñas de Poio, dúas de Pontevedra e unha de Ponte Caldelas, que levan xa varios días elaborando centos de unidades. As mascarillas, que poden ser reutilizables previo lavado a 60 graos, son deseñadas con material aportado polo Concello. A empresa pontevedresa Confecciones ENCA doou 250 metros de goma.