fbpx

Con motivo do inicio da campaña da vacina contra a gripe, que dará comezo o vindeiro martes, 13 de outubro, o Concello de Poio habilitará nas inmediacións do Centro de Saúde de Anafáns, a petición da dirección do propio centro, situado na parroquias de San Salvador, unha cuberta  para desenvolver esta actuación, dado que o exterior carece de lugares para salvagardase da choiva. A infraestrutura permanecerá operativa dende o venres 16 e así seguirá  durante as primeiras semanas desta campaña do mes de outubro que é cando se producen máis satuarción de xente. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Comisión de Emerxencia Covid-19. A edil de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, explica que “é unha medida que tomamos por petición do propio centro, dado que no exterior non hai onde salvagardarse  das inclemencias meteorolóxicas e non podemos aglutinar xente dentro das instalacións. Debemos evitar aglomeracións para manter o control da pandemia”, sinala a edil do Goberno local. A iniciativa prevé contar  coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Caldas Moreira explica que, aínda que a campaña da vacina está impulsada pola Xunta de Galicia, a Administración local quere garantir a seguridade das persoas que se vacinen. Neste sentido, a edil nacionalista fai fincapé na importancia de recibir este tratamento no contexto actual. “Agora máis que nunca esta campaña cobra especial relevancia. Animamos á cidadanía a que se sume á campaña, pero que o faga respectando en todo momento as medidas que marcan as autoridades sanitarias”, recalca. Ademais, o Concello está estudando fórmulas para tratar de facilitar o desprazamento ao Centro de Saúde daquelas persoas máis vulnerables que non conten con medios de desprazamento para poder trasladarse ata o Centro.

Cómpre lembrar que unha das primeiras medidas que activou a Comisión de Emerxencias da Covid-19 en canto se aplicaron en Poio, o pasado 11 de setembro, as medidas restritivas, por parte da Xunta de Galicia, para controlar os contaxios foi manter un contacto directo cos responsables do Centro de Saúde de Anafáns, así como dos ambulatorios de Combarro e Raxó, para “dar resposta ás súas necesidades, dentro das nosas posibilidades”por iso continuamos as desifenccions. É por iso polo que o Concello asumiu as tarefas de desinfección, que corresponderían á Xunta de Galicia. Estes traballos leváronse a cabo con persoal municipal. Entre as medidas coordinadas pola Comisión de Emerxencias tamén se inclúe a entrega a domicilio de alimentos, medicinas ou recollida do lixo para persoas que se atopan en cuarentena. Estes labores continúan sendo realizados polos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.