fbpx

“Espazo Concilia” é un espazo socioeducativo de lecer e de apoio á infancia para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a corresponsabilidade e no que se traballará cos cativos e cativas arredor da igualdade, a corresponsabilidade e a prevención da violencia a través de diversos obradoiros e actividades.

BASES [PDF] | DOCUMENTACION DE SOLICITUDE [PDF]

1.- CONTIDOS

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller convocan o “Espazo Concilia”; un espazo socioeducativo de lecer e de apoio á infancia para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a corresponsabilidade. Ao longo do verán traballarase cos cativos e cativas arredor da igualdade, a corresponsabilidade e a prevención da violencia a través de diversos obradoiros e actividades.

2.- NÚMERO DE PRAZAS E PERSOAS DESTINATARIAS

O número de prazas ofertado é de 30.
Poden solicitar a participación no “Espazo Concilia” os/as nenos/as con empadroamento no concello de Poio que no momento de presentación da solicitude teñan 3 anos cumpridos e non superen os 12 anos.

3.- LUGAR DE REALIZACIÓN, DATAS E HORARIOS

O ESPAZO CONCILIA desenvolverase nas instalacións do CEIP Viñas, sito en Rúa Viñas, 2, Poio, entre o 6 de xullo e o 9 de setembro, de luns a venres, en horario de 08.30 a 14.30 horas.
Este programa de ESPAZO CONCILIA farase sempre e cando a normativa de sanidade e o estado de alarma o permita debido á excepcionalidade da presente situación por mor do COVID-19 e tamén cando exista un número mínimo de asistentes. En caso de non poder realizarse pola presente situación ou por non cubrirse o mínimo de asistentes, o Concello pode cancelar algunha quenda ou o ESPAZO CONCILIA completo. En caso de cancelación, devolveráse a cota de inscripción polo período correspondente.

4.- INSCRICIÓNS

As solicitudes deberán formularse no impreso que estará dispoñible no rexistro de entrada da Casa Rosada ou na oficina do CIM, ou en sede electrónica, adxuntándose a documentación que se relaciona no impreso, en horario de de 09:00 a 14:00 horas.
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 11 de xuño e rematará o día 18 de xuño.

5.- PREZO *

Os prezos públicos para o Espazo Concilia foron aprobados pola Xunta de Goberno do Concello de Poio.
TARIFAS      25 €/ mes de xullo |  25 €/ mes de agosto  |  10€/ mes de setembro

IMPORTANTE: A matrícula conleva a ACEPTACIÓN DO CONSENTIMENTO INFORMADO que aparece como Anexo II das presentes bases, dispoñibles na páxina web do Concello de Poio e na sede do CIM.
*Non se contempla a devolución do importe da matrícula agás que o programa ESPAZO CONCILIA non poida realizarse dada a actual situación ou se cancele por non acadar o número mínimo de asistentes. En ambos casos, o Concello devolverá o importe íntegro da cota.

6.- SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

Unha vez rematado o prazo de presentación de inscricións, adxudicaranse as prazas segundo o seguinte baremo, no caso de existir maior demanda que oferta:

6.1.- SITUACIÓN LABORAL

Familia con dous proxenitores/as en activo (20 puntos)
Familia onde só un/ha proxenitor/a estea en situación laboral activa (10 puntos)
Familia monoparental en situación laboral activa (20 puntos).

6.2.- SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR

Familias monoparentais (2 puntos)
Menores pertencentes a familias de especial vulnerabilidade (2 puntos)
Menores empadroados/as en Poio (12 puntos)
Dous o máis fillos/as matriculados/as na mesma ludoteca e quenda (1 punto)

En caso de empate na puntuación, adxudicarase a praza por orde de inscrición.
O 10% das prazas están reservadas para Servizos Sociais e CIM do Concello.


7.- DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A INSCRICIÓN*

Solicitude de inscrición segundo o Anexo I
Consentimento informado asinado segundo o Anexo II
Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a
Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a
Fotografía tamaño carné do neno/a
Libro de familia ou fotocopia do DNI do/da menor.
Documento acreditativo de traballador en activo: Informe de alta laboral da Tesorería General da Seguridade Social , informe de vida laboral actualizado a data ou cabeceira da nómina do último mes, constando a alta.
A organización comprobará o empadroamento no padrón municipal do concello de Poio.
No caso de indicar ser familia de especial vulnerabilidade, requirirase informe dos Servicios Sociais Municipais.

OUTRA DOCUMENTACIÓN QUE SE REQUERIRÁ TRAS FORMALIZAR A MATRÍCULA
Documentación relevante sobre datos médicos (enfermidades, alerxias, medicación) ou situacións familiares que sexa preciso coñecer para o bo desenvolvemento da actividade.
*Non se admitirá ningunha solicitude que non teña a documentación completa.
*Non se aceptará a documentación despois de estar feita a solicitude.


8.- PROCESO DE SELECCIÓN

- Baremación das solicitudes e documentación segundo o previsto no punto 6 destas bases. A baremación efectuarase nas instalacións da Casa Rosada pola Directora e pola Psicóloga do Centro de Información á Muller o 19 de xuño.
- Publicación da listaxe provisional de admitidos/as coas puntuacións acadadas o día 22 de xuño, no taboleiro de anuncios do Concello e no Centro de Información á Muller.
-Emendar erros e/ou falta de documentación, presentación de reclamacións ou presentación de renuncias: do 23 ao 25 de xuño.
-Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e da listaxe de agarda cos/as solicitantes excluídos/as que seguirá a orde que resulte da baremación: 26 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, en e no Centro de Información á Muller.

En función das baixas que se produzan na actividade os/as nenos/as accederán á ludoteca seguindo a orde na que figure na lista, o que será debidamente notificado por teléfono e/ou correo electrónico

- Confirmación da praza co pago da matrícula no número de conta ABANCA: ES86 2080 5419 9130 4011 6625, poñendo como concepto “Nome e apelidos do menor e ESPAZO CONCILIA e quenda na que está inscrito/a: do 29 de xuño ao 1 de xullo. Deberase ademais remitir o xustificante de pago do  importe da actividade ao Centro de Información ás Mulleres mediante correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou de xeito presencial. No caso de non aboarse o importe no prazo sinalado entenderase como renuncia e a lista correrá segundo a orde que resulte da baremación.

Se unha vez obtida a praza e aboada a cota de inscrición, o/a participante non puidera asistir á actividade, non terá dereito a devolución da cota e entrará o seguinte neno/a, en reserva, salvo por causa debidamente xustificada e acreditada documentalmente.

9.- PUBLICIDADE DA ACTIVIDADE

As bases para o “Espazo Concilia” da presente convocatoria atópanse no Centro de Información á Muller sito na “Casa Rosada” e no taboleiro de anuncios do Concello.

NORMAS E MEDIDAS NO SERVIZO DE ESPAZO CONCILIA

1  / NORMAS ESPECIAIS

Os/as participantes deben ter ausencia de sintomatoloxía compatible co COVID-19 (febre, tos, dificultade respiratoria, malestar, diarrea...), ou calquera outro cadro infeccioso.
En caso de que durante a participación nas actividades se detecte algún destes síntomas, o/a menor será apartado/a do resto do grupo e chamarase a pais/nais/titores/as para que acudan a recollelo/a á maior brevidade posible.

De darse algún caso positivo en COVID-19 nalgún dos tres grupos nos que se organizará o ESPAZO CONCILIA, pecharanse as instalacións e o resto de grupos non poderán acudir ás outras aulas mentres dure a cuarentena segundo a lexislación vixente.

A entrada e saída farase de xeito escalonado, por franxas horarias e grupos de idade. (Antes do inicio do servizo publicarase a listaxe das entradas e saídas e horarios do ESPAZO CONCILIA, entrando máis cedo os/as maiores e máis tarde os/as de menor idade). En caso de irmáns de diferentes idades, a familia escollerá o horario que máis se adapte ás súas necesidades tendo que manterse sempre a mesma franxa horaria.

2  / MEDIDAS A IMPLEMENTAR

PERSOAL
Tomarase a temperatura ao persoal de monitoraxe ao inicio e remate da xornada.
O persoal de monitoraxe contará con pantallas / máscaras de protección nos momentos de recollida e entrega dos/as participantes e para a realización de actividades en espazos pechados.
Disporase de xeles hixienizantes de mans na entrada principal da ludoteca e nos espazos comúns.

HIXIENE
Faranse 3 limpezas diarias dos aseos utilizados polos/as participantes.
Farase desinfección química entre quendas dos espazos empregados.
Farase limpeza diaria desinfectante dos espazos e do material utilizado nas actividades.

PARA OS/AS PARTICIPANTES
Os/As participantes deben ter ausencia de sintomatoloxía compatible co COVID-19 (febre, tos, dificultade respiratoria, malestar, diarrea...), ou calquera outro cadro infeccioso.

Os/As participantes maiores de 6 anos deben asistir con máscara preferentemente hixiénica ou cirúrxica, segundo a Orde SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.