fbpx

Campa Verán 2020 e Raxó Verán 2020 é un programa organizado pola Concellería de Educación do Concello de Poio que xurde da necesidade de establecer mecanismos para a conciliación da vida laboral e familiar que permitan ás familias desempeñar plenamente todos os ámbitos da súa vida. Xa está aberto o prazo de solicitude de prazas.

BASES [PDF]

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN RAXÓVERAN 2020 [PDF] | CONSENTIMENTO INFORMADO ANEXO I [PDF]

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN CAMPAVERÁN 2020 [PDF] | CONSENTIMENTO INFORMADO ANEXO I [PDF]

1. OBXECTO

É un programa organizado pola Concellería de Educación do Concello de Poio que xurde da necesidade de establecer mecanismos para a conciliación da vida laboral e familiar que permitan ás familias desempeñar plenamente todos os ámbitos da súa vida. Na actualidade, a problemática para a conciliación da vida laboral e familiar vese acentuada pola crise sanitaria do COVID-19, sendo necesario, máis que nunca, o establcemento de mecanismos que faciliten ás familias poder recuperar unha economía familiar que quedou moi mermada nos últimos meses.

Nun contexto educativo, o desenvolvemento deste servizo permite o fomento da participación social, a integración, a convivencia, a solidaridade e o desenvolvemento das/os escolares a través de actividades de ocio saudables que responden a criterios e valores educativos.

2. PERSOAS DESTINATARIAS

 As/os nenas/os empadroadas/os no municipio de Poio nadas/os entre os anos 2008 e 2016 (ambos inclusive).

3. DATAS DE REALIZACIÓN E HORARIO

A actividade desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, dividida en dúas quendas mensuais segundo se detalla:

  • Quenda da 1ª quincena do mes de xullo: do 1 ao 15 de xullo.

  • Quenda da 2ª quincena do mes de xullo: do 16 ao 31 de xullo.

  • Quenda da 1ª quincena do mes de agosto: do 1 ao 15 de agosto.

  • Quenda da 2ª quincena do mes de agosto: do 16 ao 31 de agosto.

 Os horarios establecidos serán os seguintes:

  • CAMPA VERÁN: de luns a venres (excepto festivos) de 07:30 a 15:00 h.

  • RAXÓ VERÁN: de luns a venres (excepto festivos) de 09:00 a 14:00 h.

*Co fin de evitar a concentración de persoas, estableceranse diferentes franxas horarias para que a entrada e/ou saída se faga de xeito escalonado, e que deberá indicarse na solicitude.

4. NÚMERO DE PRAZAS E LUGAR DE REALIZACIÓN

O programa CAMPA VERÁN 2020 ofertará 100 prazas en cada quenda do mes de xullo e 60 prazas en cada quenda do mes de agosto.

As actividades deste programa realizaranse no CEIP Isidora Riestra (Cmño. da Reiboa, 10) e no CEIP Chancelas (Rúa Xunqueiro s/n – Combarro). As prazas ofertadas en cada quenda dividiranse entre estes dous centros educativos segundo se indica a continuación:

 

1º quenda xullo

2º quenda xullo

1º quenda agosto

2º quenda agosto

CEIP Isidora Riestra

50 prazas

50 prazas

30 prazas

30 prazas

CEIP Chancelas

50 prazas

50 prazas

30 prazas

30 prazas

Deberase indicar na solicitude as quendas e o centro preferente no que se desexa realizar a actividade.

O programa RAXÓ VERÁN 2020 ofertará 30 prazas en cada unha das quendas do mes de xullo e agosto. As actividades deste programa levaranse a cabo no CEIP Espedregada, sito no camiño da Serpe, 3 – Raxó.

 5. PREZOS

COTA POR CADA QUENDA

CAMPA VERÁN

RAXÓ VERÁN

1ª filla/o inscrita/o

30,00 €

25,00 €

2ª filla/o inscrita/o

20,00 €

15,00 €

3ª filla/o inscrita/o

10,00 €

5,00 €

4ª filla/o inscrita/o

De balde

De balde

 O ingreso deberá realizarse na seguinte conta bancaria titularidade do Concello de Poio, no prazo sinalado para a inscrición: ES68-2080-5419-9630-4011-5346 (Abanca) indicando no concepto o nome e apelidos da/o participante e as quendas nas que se inscriba.

Non se contempla a devolución do importe da inscrición agás:

  • Que o programa non se poida realizar dada a actual situación de crise sanitaria.

  • Que se cancelen as actividades por non acadar o número mínimo de asistentes.

  • Que a persoa solicitante non consiga unha das prazas ofertadas.

6. LUGAR E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de inscrición poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Poio, en impreso normalizado para este fin, entre os días 10 e 18 de xuño (ambos inclusive) de 08:30 a 14:30 horas, ou ben a través da sede electrónica.

7. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, no caso de que a demanda sexa superior ás prazas ofertadas, farase unha baremación cos seguintes criterios:

  • Familia con dous proxenitores en situación laboral activa: 20 puntos.

  • Familia onde só un/unha proxenitor/a estea en situación laboral activa: 10 puntos.

  • Familia monoparental en situación laboral activa: 20 puntos.

  • Dous ou máis fillas/os inscritas/os no mesmo programa e quenda: 2 puntos.

 No caso de empate na puntuación, as prazas ofertadas adxudicaranse por riguroso orde de inscrición.

A valoración das solicitudes realizarase polo servizo de Eduación do Concello de Poio.

8. DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A INSCRICIÓN

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN RAXÓVERAN 2020 [PDF]

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN CAMPAVERÁN 2020 [PDF]

Xunto coa solicitude de inscrición deberase acompañar a seguinte documentación obrigatoria:

  • Consentimento informado asinado segundo o Anexo I.

  • Fotocopia do DNI da nai, pai ou titor/a legal.

  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria da/o nena/o.

  • Fotocopia do Libro de Familia.

  • Fotografía tamaño carné da/o neno/a.

  • Xustificante bancario do ingreso da cota correspondente.

  • Calquera outra documentación relevante sobre datos médicos (enfermidades, alerxias, medicación) ou situacións familiares que sexa preciso coñecer para o bo desenvolvemento da actividade, no seu caso.

Documentación complementaria a efectos de baremación das solicitudes para a adxudicación das prazas, de acordo co establecido na base 7:

  • Vida laboral actualizada, fotocopia da cabeceira da última nómina, certificado de empresa ou calquera outra documentación que acredite a situación laboral activa.

  • Fotocopia do documento acreditativo de ser familia monoparental, no seu caso.

*Nota a ter en conta:

  • Non se admitirán inscricións nas que non se presente a documentación obrigatoria completa.

  • Non se aceptará a documentación despois de estar feita a solicitude.

  • Cada participante poderá inscribirse en tantas quendas como desexe.

  • A organización comprobará o empadroamento da/do nena/o no Padrón municipal de habitantes do Concello de Poio.

9. LISTAXE DE AGARDA

Para cada un dos programas realizarase unha listaxe de agarda cas/os solicitantes excluídas/os que seguirá a orde que resulte da baremación co fin de cubrir as posibles vacantes que se poidan producir.

10. PUBLICIDADE

As presentes bases e o listado de admitidas/os e de agarda publicarase na localización web do taboleiro de anuncios do Concello e no Portal de Transparencia.

A estos efectos terase en conta o disposto na disposición adicional sétima da Lei 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

11. TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

 En cumprimento co establecido na actual normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable polo Concello de Poio, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos, tal e como se explica na información adicional sobre Protección de Datos na páxina web do Concello de Poio.

12. NORMAS E MEDIDAS EN MATERIA DE PREVENCIÓN FRONTE AO COVID-19.

Para desenvolvemento deste servizo terase en conta o disposto no artigo 43 da Orde SND/458/2020 do 30 de maio, do Ministerio de Sanidade (BOE núm. 153 do 30 de maio de 2020) para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 3 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.

MEDIDAS PREVENTIVAS XERAIS

Os centros nos que se desenvolva a actividade disporán de:

    • Desinfectantes autorizados para a limpeza e desinfección das distintas zonas a usar por persoal de mantemento e/ou limpeza; así como os EPI´S adecuados (roupa de traballo, guantes, mascarilla).

    • Auga e xabón nos aseos, toallas de un so uso ou secadores automáticos (de ser posible que non haxa que manipulalos manualmente).

    • Dosificadores de xel hidro alcohólico na entrada do centro e nos espazos comúns.

    • EPI´S para o persoal: guantes desechables, máscaras ou pantalla facial en cada caso.

    • Papeleras con pedaleta e/ou abertas e bolsa de basura para a recollida dos residuos xerados en cada zona.

    • Botiquín de Primerios Auxilios.

  • Na medida do posible organizarase a entrada e saída de maneira escalonada e garantizando a distancia mínima interpersonal. Seguiranse as pautas establecidas polo Ministerio de Sanidade.

  • Asegurarase a dispoñibilidade, supervisión e reposición dos recursos necesarios para a hixiene e lavado de mans, así como para a limpeza de zonas e equipos de traballo.

  • Deberase manter o distanciamento social de 2 metros en todo momento.

  • As nenas/os deberán ir provistos de mascarilla, que deberán usar no suposto de que non se poida asegurar o distanciamento social de 2 metros durante a realización das actividades.

  • Sempre que sexa posible, organizarase o percorrido polo centro de maneira que se manteña a distancia de seguridade nos desplazamentos evitando cruces.

  • Utilizarase preferentemente as escaleiras. Se hai ascensor limitarse o seu uso ao mínimo imprescindible e mantendo a distancia interpersoal de seguridade, salvo naqueles casos de persoas que poidan precisar asistencia, cuxo caso tamén se permitirá a utilización por un acompañante.

RECORDARASE ÁS FAMILIAS QUE:

  • Non ponden acudir ao centro as nenas/os se presentan patoloxías respiratorias ou febre compatibles con COVID-19 ou diagnosticados de COVID-19.

  • Deberase tomar a temperatura antes de sair da casa para ir ao centro educativo.

  • Non poden acudir ao centro as nenas/os que se encontren en periodo de corentena domiciliaria.

  • A nena/o que presenta condicións de saúde que lles fai máis vulnerables para COVID-19 (como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetis, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer, inmunodepresión ou hipertensión arterial), poderá acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica esté controlada e o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigurosa.

  • As familias só poderán entrar ao centro no caso de necesidade ou indicación do persoal ao cargo da actividade, cumplindo sempre as medidas de prevención e hixiene.

FOMENTARASE NAS NENAS/OS:

  • Manter a distancia de seguridade co resto dos seus compañeiros/as e terceiras persoas.

  • Está prohibido realizar mostras de cortesía ao saudarse con un contacto físico entre persoas (abrazos, darse as mans ou bicos).

  • Uso de mascarilla cando non se poida asegurar a distancia interpesoal de 2 metros.

  • Non se compartirán obxectos persoais.

  • A hixiene de mans é a medida principal de prevención e control da infección.

  • Se estornuda ou tose, debe cubrir a boca e nariz co codo flexionado, ou ben facelo nun pano desechable e tiralo inmediatamente.

  • Evitar tocarse o nariz, os ollos e a boca.

  • Lavarse as máns coidadosamente cada vez que fagan uso do aseo.