fbpx

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (Boppo) publicou este venres as bases para a concesión de achegas a clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro e a deportistas individuais do Concello de Poio, correspondentes ao ano 2020. Este documento xa fora aprobado previamente pola Xunta de Goberno Local, logo de ser consensuado pola responsable da Concellería de Deportes, Marga Caldas, co tecido deportivo do municipio.

A través destas bases preténdese establecer os criterios e procedemento para a concesión de axudas, de conformidade cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade. Serán beneficiarios das mesmas clubs e deportistas individuais, coa finalidade de que poidan sufragar parte dos gastos que lles ocasione a promoción de actividades deportivas de interese municipal. O período subvencionable abarca desde o 1 de agosto de 2019 ata o 31 de xullo de 2020. As axudas divídense na Liña 1 (clubes e entidades deportivas de carácter federado, que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociación e que conten cunha traxectoria de actividade mínima de dous anos) e na Liña 2 (deportistas federados en disciplinas individuais empadroados en Poio e tamén cunha experiencia mínima de dous anos). O Orzamento vixente contempla un total de 33.750 euros para estas axudas.

As solicitudes poderán realizarse durante un prazo de 15 días hábiles desde a publicación no Boppo. No caso de solicitantes da Liña 1, deberán facelo exclusivamente por medios telemáticos, a través da Sede Electrónica do Concello de Poio (http://concellopoio.sedelctronica.gal). Polo que respecta á instrución, será por sistema de concorrencia competitiva, téndose en conta diferentes criterios.

DESCARGAR BASES