fbpx

A Policía Local de Poio procedeu na xornada deste luns á entrega dun lote de mascarillas de protección ás Confrarías de Raxó, San Telmo e Lourizán, que serán as encargadas de repartilas entre os seus integrantes.

Trátase dun equipamento que será utilizado polos mariñeiros de a flote, cuxa actividade é a única que figura aínda como esencial dentro do sector. Esta doazón, da que se dou conta na Comisión de Seguimento do Covid-19, ten coma obxectivo axudar a estes profesionais a garantir as medidas de seguridade durante o desenvolvemento da súa actividade no mar.

“Xa que a Xunta de Galicia ten a estes traballadores sen protección, entendemos que nós debemos axudalos dotándolles de material que os manteña protexidos cando saen a faenar”, explica a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, que lembra que, en moitos casos, “hai embarcacións nas que traballan cinco ou seis mariñeiros, unha situación na que resulta case imposible manter as distancias de seguridade que se recomendan para evitar contaxios”.