fbpx

É moi importante coñecer qué facer cos residuos na corentena, deste xeito imos deixar unhas recomendación de cara ó manexo de residuos neste tempo de confinamento.

O manexo domiciliario de residuos en fogares con positivos ou en corentena por Covid-19 ten as seguintes recomendacións:

  • Os restos xerados polo paciente, incluído o material de usar e tirar (luvas, pañuelos ou mascarillas), deberán eliminarse nunha bolsa de plástico (bolsa 1), nun cubo do lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.
  • Esa bolsa 1 debe pecharse axeitadamente e ser introducida nunha segunda bolsa (bolsa 2), a carón da saída da habitación, na que tamén se deixarán as luvas as luvas e a mascarilla utilizados polo coidador ou coidadora, pechándose axeitadamente antes de saír da habitación.
  • A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto do lixo doméstico nunha terceira bolsa xeral (bolsa 3), correspondente ao cubo verde ou orgánico.
  • Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga de xabrón, durante, alo menos, 40 ou 60 segundos.
  • A bolsa 2, pechada axeitadamente, depositarase exclusivamente no contedor verde ou en calquera outro sistema de recollida de orgánico establecido pola entidade local.
  • IMPORTANTE: as persoas contaxiadas ou en corentena non poden nin debe facer reciclaxe e separación, e prégase que usen luvas para manipular o contenedor se fose necesario, e carecese de pedal de apertura.

No caso de fogares nos que non haxa persoas en corentena ou infectadas, recoméndase:

  • A separación dos residuos debe realizarse como se fai de xeito habitual, tratando de maximizala ao obxecto de reducir a fracción resto xerada.As fraccións separadas depositaranse nos contedores correspondentes.
  • As luvas de látex ou nitrilo empregados para outros usos non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo), senón no de resto.