fbpx

Logo de manter varias reunións cos colectivos organizadores, o Concello de Poio quere anunciar a supresión ou aprazamento de diferentes actividades cuxo desenvolvemento estaba previsto para esta fin de semana. Trátase dunha medida que se adopta como medida preventiva contra o coronavirus.

Deste xeito, establécese o seguinte:

    • O Concurso de Comparsas de Campelo, previsto para o domingo 15, queda SUSPENDIDO. Esta decisión foi consensuada con todas as asociacións que tamén participan na súa organización. O Concello agradece a súa sensibilidade e comprensión.
     
    • As dúas próximas Rutas do programa ‘8 fitos no Camiño’, que se ían desenvolver os sábados 14 e 21, quedan APRAZADAS, pendentes dunha nova data.
     
    • O Concello tamén recomenda que non se celebran outros eventos de carácter lúdico, previstos para os vindeiros días, como son as Festas de San Gregorio, o Enterro do Galo Bruxo ou as Festas de San Xosé. Trátanse de citas que poden congregar a un gran número de persoas, de diferentes idades, nun intre no que a expansión do virus, aínda que non chegou ao noso municipio, atópase nun momento álxido noutras localidades do Estado.
      
    • O Concello de Poio tamén segue as directrices propostas tanto polo Goberno central como pola Xunta de Galicia, como medidas preventivas.