fbpx

Poio, 21 de febreiro de 2020.- A Policía Local de Poio desenvolverá ao longo da xornada do sábado unha serie de controis no municipio, nos que se fará especial fincapé na revisión de documentación e na realización de tests de consumo de alcol e estupefacientes.

Este operativo enmárcase dentro do Plan de Coordinación Operativa de Seguridade Viaria, que ten coma obxectivo impulsar fórmulas que axuden a garantir a seguridade nas estradas galegas, a través da cooperación entre os corpos de seguridade municipais e o Sector da Garda Civil de Tráfico. No caso da vila poiense, esta é a primeira vez que toma parte neste programa.