fbpx

A empresa Iberdrola foi a que presentou a mellor oferta e será a encargada de achegar a enerxía necesaria ás instalacións municipais, así como ao alumeado público.

A adxudicación ascende aos 500.000 euros e terá unha duración dun ano, con posibilidade de ser prorrogado durante outros 12 meses a maiores.

Poio, 19 de febreiro de 2020.- O Concello de Poio adxudicou o subministro eléctrico á empresa Iberdrola Clientes S. A. U., que será a encargada de proporcionar enerxía a diferentes dependencias e instalacións de titularidade municipal, así como ao alumeado público. O contrato desta licitación ronda aproximadamente os 500.000 euros, cando houbo anos nos que foi necesario investir ata 780.000 euros para garantir esta prestación. Segundo estima a Concellería de Obras e Servizos, a medida servirá para que nos dous vindeiros anos o Concello acade un aforro neste apartado que superará os 90.000 euros, aos que se deben engadir a redución dos custes administrativos derivados da facturación municipal. A duración do contrato será dun ano, coa opción de ampliarse durante outros doce meses a maiores.

O departamento dirixido pola socialista Chelo Besada iniciou durante 2019 os trámites para facer realidade a adxudicación deste servizo. Trátase dunha medida que na actualidade aplican moi poucos concellos na provincia de Pontevedra, xa que o proceso de tramitación que se debe completar “é moi complexo”, tal e como explica o Goberno local. Estes trámites requiren do visto bo da Unión Europea, entre outros requisitos, de aí que a adxudicación non se completase ao 100% ata hai apenas unhas semanas. Está previsto que o contrato se formalice a principios de marzo. A licitación do subministro dividiuse en dous lotes diferentes. O primeiros deles corresponde a potencia inferior a 10 kilowatios, cuns prezos que, segundo constatan os informes técnicos, son lixeiramente inferiores aos que viña pagando anteriormente o Concello de Poio no mercado regulado ao longo da última anualidade. Neste apartado, calcúlase que o aforro será duns 23.000 euros aproximadamente.

En canto ao segundo lote, correspondente a subministros de baixa e alta tensión con potencias superiores aos 10 kw, prevese que os custes durante os vindeiros dous anos