fbpx


Este domingo 23 de febreiro, a estrada PO-308 quedará pechada ó tráfico a partir das 16.00 horas mediante o operativo especial que desenvolverá a Policía Local de Poio pola celebración do Desfile de Entroido.

VER MAPA INTERACTIVO

Establécese un circuíto pechado cun percorrido que dará comezo ás 17:.00 horas no Pazo de Besada, pasando por Avenida Porteliña en San Salvador, con dirección a Avenida de Encoirados e rematando na Avenida San Xoán na Costa de Albar. O tramo estará pechando dende as 16.00 horas e só se permitirá aparcar ata esa hora na Avenida de Encoirados.

Os vehículos que se atopen estacionados en ambas marxes non poderán saír ata o remate do desfile como medida de seguridade. Para garantir a circulación rodada, os vehículos que se despracen de Sanxenxo ata Pontevedra serán desviados na rotonda de As Bardancas pola VG 4.8 e aqueles que viaxen dende Pontevedra ata Poio serán desviados na rotonda de Pazo Besada ata Lourido, Campelo ou a AP-9, establecendo diferentes itinerarios alternativos.

Prégase dende a organización, que corre a cargo do Concello de Poio, que os condutores que circulen dende Pontevedra ou Vilagarcía con dirección a Sanxenxo utilicen a VG 4.8. O corte da estrada PO-308 atoparase sinalado e regulado por axentes da Policía Local de Poio. Durante o operativo tamén se atoparán efectivos de Protección Civil e dos Servizos Operativos Municipais.