fbpx

A Biblioteca Municipal de Poio acollerá o vindeiro luns, día 24 de febreiro, unha actividade que pretende achegar á veciñanza da considerada como nai das letras galegas.

Co gallo do Día de Rosalía de Castro, as instalacións, situadas en Campelo, ofrecerán un concerto chamado ‘Cantando os cantares’, que será interpretado por Truque Matruque Durante aproximadamente 40 minutos, farase un repaso á obra ‘Cantares Gallegos’, que é, xunto con ‘Follas Novas’, un dos grandes legados da escritoria de Padrón.

Esta iniciativa está dirixida a un público de diferentes idades. A sesión iniciarase ás 18.00 horas e está pensada para ser unha actividade para toda a familia. A cita está organizada pola Concellería de Cultura e Educación.