fbpx

O Concello de Poio promove, a través do programa “O meu Xacobeo: 8 Fitos do camiño de Santiago”, unha serie de andainas dentro do Camiño de Santiago, que ten como finalidade a combinación de actividades de deporte, ocio e tempo libre e fomento da cultura, xunto coa posta en valor do patrimonio cultural de Galicia.

A actividade terá carácter gratuíto.

Quen pode participar?

Son rutas dirixidas ao público familiar, de dificultade baixa, cunha idade mínima de 6 anos, que teñen como obxectivo conectar aos máis novos co espírito do Xacobeo.

Os menores de 18 anos deberán ir acompañados dun adulto.

Calendario de andainas e prazo de inscrición.

Dentro das oito rutas propostas, dúas están indicadas como accesibles para persoas con mobilidade reducida debendo indicarse no momento da solicitude (limitada a dúas prazas de autobús adaptadas).

Establécese un prazo de inscrición para cada andaina, non admitíndose inscricións fora destes prazos:

A hora e lugar de saída e chegada será común para todas as rutas:

  • Lugar: Praza do Mosteiro
  • Hora de saída: 9:00 hora
  • Hora de chegada: 19:00 horas

 As persoas que vaian a participar na andaina, e para unha mellor organización, deberán estar no lugar de saída cunha antelación de 30 minutos.

Desenvolvemento da ruta

As actividades a realizar no desenvolvemento de cada ruta estarán repartidas ao longo do día co seguinte detalle:

  • Recollida e desprazamento dos participantes aos puntos de inicio das rutas.

  • Entrega de información detallada aos participantes.

  • Realización de 1º ruta (se procede)

  • Descanso para visitar os lugares de interese recomendados e xantar (as comidas corren a cargo dos participantes).

  • Realización de 2º ruta (se procede).

  • Recollida e volta a Poio.

 Formalización da inscrición

A inscrición deberá realizarse a través do rexistro xeral do Concello de Poio de maneira presencial ou a través da sede electrónica, cubrindo o formulario de inscrición habilitado ao efecto e aportando copia do DNI. A inscrición será individual.

As inscricións están limitadas a 54 prazas, que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición segundo o procedemento anterior, tendo preferencia os/as empadroados en Poio. Elaborarase unha lista de agarda coas persoas que non obteñan praza.

No caso de non poder asistir á andaina na que estea inscrita/o deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións, o mércores anterior á realización da andaina ás 12 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. As persoas que non asistan á andaina sen previo aviso serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de andainas.

O prazo de inscrición rematará ás 12 horas do último día fixado para a inscrición en cada camiñata.