Como xa é tradicion en Nadal en Poio, xa esta aberto o prazo de presentación das tarxetas de nadal, e como todos os anos agardamos unha alta partipación, porque a tarxeta vai ser a Oficial do Concello de Poio. Botádelle unha ollada ás bases, e sacade o voso lado máis artístico.

BASES

PARTICIPANTES

- Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Poio, menores de 18 de anos, cun único traballo por autor/a.

Características da tarxeta:

- Tamaño: A-4 dobrado á metade.

- Idioma: Galego.

- As tarxetas presentaranse sen sinatura, debendo levar ao dorso os datos do/a autor/a: Nome, apelidos, idade, enderezo, localidade, parroquia, teléfono e/ou correo electrónico.

LUGARES DE ENTREGA

- CEIPs: Vinas, Lourido, Isidora Riestra, Chancelas, Espedregada.

- I.E.S Poio.

- Locais das Asociacións colaboradoras e organizadoras.

- Ou ben no rexistro xeral.

Data límite de presentación: luns, 9 de decembro.

O Xurado reunirase na Casa Consistorial o martes 10 de decembro para fallar o Concurso.

PREMIOS

- Será premiada unha tarxeta de cada unha das cinco parroquias.

- Entre as cinco tarxetas premiadas seleccionarase unha, que será editada como a postal de felicitación institucional do Concello de Poio.

* Contía: Cinco premios de 60€ en metálico e agasallo conmemorativo.

- Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos. Se isto se producira, prohibirase a participación neste Concurso en edicións posteriores; e de ser premiado procederase a retirar o premio.

- As obras gañadoras quedarán en propiedade do Concello de Poio.

- O/a autor/a cedera exclusiva e irrevogablemente ao Concello de Poio o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcial, en calquera modalidade, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderán realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.

En Poio a 21 de Novembro - Organiza: Consello Municipal de Cultura - Presidenta: Raquel Rodriguez Alonso

Vindeiros Eventos

Sen eventos