O concello de Poio promove a campaña conxunta de sensibilización no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa denominación En Negro Contra as Violencias.

En que consiste?

En Negro Contra as Violencias é unha acción de concienciación global e transversal, en coordinación con máis de cen concellos e tres deputacións, que busca implicar ao tecido empresarial e social para identificar e transmitir a mesma mensaxe de rexeitamento da violencia machista a través da cor negra.

Os establecementos públicos tedes o protagonismo das rúas de Poio e sodes o grande escaparate que pode transmitir ao conxunto da cidadanía unha mensaxe de denuncia e solidariedade coas vítimas e de sensibilización de que en Poio non ten cabida ningún tipo de violencia ou discriminación contra as mulleres.

Neste enlace https://ennegrocontraasviolencias.gal/adhesion/empresas podedes formalizar a vosa adhesión.

Como podes implicarte?

  • Facendo visible a campaña: pedimos a vosa colaboración para que os vosos locais conten co cartel de "Espazo libre de violencia machista". Tamén, que na semana do 18 ao 25 levedes a camiseta negra no voso posto de traballo, decores o escaparate, fagades fotos ou vídeos para subir ás redes sociais coas etiquetas #poioennegro #ennegrocontraaviolencia e #galiciaennegro.

  • Participando na andaina "Paso a paso, libres de violencia de xénero" que se celebrará o domingo 24 de novembro, con saída ás 10.30 horas do Bosque das Mulleres de Lourido ata chegar á Praza de Chousa de Combarro, coa lectura do manifesto ás 12:00 horas. Xa está aberta a inscrición no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao concello.

Que ofrecemos?

Dispoñemos de carteis, globos, camisetas, mandís de hostelaría e manteis de papel para distribuír. Compartiremos as vosas publicacións nas redes sociais municipais. As 200 primeiras inscricións da andaina recibirán unha camiseta e un agasallo.

Animamos a toda a veciñanza a pendurar panos negros dos balcóns e fiestras dende o 18 ao 25 de novembro para denunciar de xeito masivo a lacra das violencias machistas. Calquera persoa pode participar subindo ás redes sociais fotos, vídeos e accións utilizando nas súas publicacións as etiquetas #EnNegroContraAsViolencias #Poioennegro e #GaliciaenNegro. Nas instalacións do concello e da casa rosa podedes recoller carteis para portas e fiestras.

Cal é o noso obxectivo?

Tinguir Poio de negro para amosar a nosa repulsa á violencia contra as mulleres, para facer visible a nosa postura a prol da igualdade de xénero e amosar con contundencia a vontade unánime da sociedade de Poio de poñer fin a un problema público, a violencia machista.

Contacta co Centro de Información á Muller, o CIM, situado na Casa Rosada, o Centro de Servizos Sociais do Concello, no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no telefono 986 87 24 01.

Vindeiros Eventos

Sen eventos